PREBENXAMINS. EUME, 2 - NUMANCIA, 5.

TRIUNFO NUNHA PRAZA COMPRICADA

Partido correspondente a 13ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2º, disputado na tarde do venres no campo de A Gándara de Pontedeume ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Pontedeume, 21 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

EUME: Abel, Daniel, Jorge, Sergio, Matías, Rafael, Optavio e Axel (C). Tamén xogaron: Brais, Ignacio, Sofía, Yago e Adrián.

Adestrador: Arturo J. Curbeira Pérez.

Delegado: Ramiro López Martínez.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Brais (C), Aketx, Axel, David Vilasánchez, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Lucas, David Allegue, Ángel, Mario e Óscar.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Marcos Allegue Rico.

GOLES: polo Eume marcaron Yago e Daniel. E polo Numancia David Vilasánchez (3), Lucas e Hugo.

COLEXIADO: D. Agustín Eguren Prieto. Sen incidencias.

CRÓNICA:

Visitaba o equipo prebenxamín do Numancia o campo de A Gándara Eumesa para medirse ante un bo equipo como o Eume Deportivo. Os primeiros 10 minutos foron de tanteo por parte de ambos equipos. No último tramo da primeira metade vimos tres goles. David Vilasánchez con sendos disparos tras asistencias de Xerar e Mario anotaba o 0 - 1 e 0 – 2. Posteriormente o Eume anotaba o 1 - 2. Antes do descanso Lucas a saida dun córner facía o 1 - 3 co que se chegaba o intermedio.Instante partido de prebenxamíns Eume - Numancia. Gándara Eumesa 21/03/2014.

Na reanudación saiu mellor o Eume que tivo 10 minutos acorralado ó Numancia. Nun saque de esquina dos locais chegaría o 2 - 3. Apareceron o orgullo numantino e a garra e calidade dos pequenos xogadores aresáns no último tramo de partido. David Vilasánchez e Hugo conseguían poñer a guinda a un bo traballo do equipo aresan no último tramo de partido para deixar o marcador final no coñecido 2 - 5 favorable os de Ares.

En definitiva, gran partido de ambos equipos no campo de fútbol eumés, para disfrute dos espectadores. O Numancia conseguiu vencer a un gran equipo como o Eume Deportivo que trata moi ben o balón e conta con xogadores de envergadura. Unha vitoria que sirve ó Numancia prebenxamín para seguir líder a falta de 5 xornadas para rematar a Liga. ¡¡¡Qué nos quiten lo bailado¡¡¡

Dende a familia do Numancia prebenxamín queremos mandar un agarimoso saudo os xogadores do equipo, Isma e Iker que se recuperan das suas respectivas lesións sufridas nas últimas datas. ¡¡¡Ánimo campións¡¡¡ ¡¡¡É o que ten ser tan valientes¡¡¡

A vindeira fin de semana o Numancia recibirá a visita do Narón "B" en Prados Vellos nunha nova xornada de diversión, aprendizaxe e convivencia. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.