PREBENXAMINS. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 5.
GOLES E SOL EN FERROL
Partido correspondente a 11ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 4, disputado na mañá do sábado nas instalacións de A Gándara en Ferrol ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ferrol, 8 de marzo de 2014.
FICHA TÉCNICA:
ÁNIMAS: Carlos, Raúl, Pablo, Erik, Lucas, Marko (C), Alex Pardo e Carlos Castro. Tamén xogou: David.
Delegado: Alberto Vázquez Losada.
NUMANCIA: Marcos, Dani, Brais, Aketx, Axel, David Vilasánchez (C), Ángel e Hugo. Tamén xogaron: Lucas, Gonzalo, Isma, Mario e Óscar.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.
COLEXIADO: D. Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.
GOLES: Brais (2), David Vilasánchez (2) e Hugo.
CRÓNICA:
Visitaba o Numancia prebenxamín por segunda vez na temporada a catedral do fútbol base da comarca, as instalacións de A Gándara en Ferrol. Alí nunha mañá primaveral de sábado agardaba o terceiro clasificado, o Ánimas que ofreceu moita resistencia ante o Numancia pese o abultado do marcador final.
Na primeira metade, os locais optaban polo fútbol directo buscando a velocidade dos seus homes mais adiantados. O Numancia non estaba cómodo no campo; tendo que esforzarse en tarefas defensivas cun Marcos moi inspirado na portería. Deben saber nenos e pais que no fútbol é tan importante marcar goles como traballar para evitalos. No medio dos apuros Brais no minuto 9 facía o 0 - 1 para o Numancia. Con este resultado o partido chegaba o descanso.
Na segunda metade os numantinos foron collendo co paso do tempo o dominio do balón e o timón do partido. No minuto 33 David Vilasánchez conseguía o 0 - 2 de forte disparo nunha xogada de estratexia. No minuto 44 sería un atento Hugo o que roubaría o balón para despois conseguir o 0 - 3 pechando o partido. Nos últimos minutos do encontro novamente David Vilasánchez e Brais establecían o 0 - 5 definitivo; un marcador algo abultado para o visto sobre o terreo de xogo por parte de ambos equipos.
En resumo, bo partido do Numancia que conseguiu adaptarse na primeira metade o estilo de xogo dos locais defendendo con forza e orde. Na segunda metade o maior fondo de armario dos aresán e a mellor calidade técnica dos nosos nenos impúxose a forza e coraxe dos xogadores ferroláns.
Despois desta vitoria, o Numancia prebenxamín contínua liderando o grupo 2 da Liga Prebenxamín, con Racing de Ferrol e AD Miño como principales perseguidores. O próximo venres os numantinos recibirán a visita dun rival da zona media da clasificación como é o Galicia de Caranza. ¡¡¡Todos cos prebenxamíns o venres en Prados Vellos¡¡¡. Non faltedes.
Podedes disfrutar dunha magnífica reportaxe fotográfica do partido, xentileza de Flor Carrasco.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO