PREBENXAMINS. NUMANCIA, 3 - PORTUARIOS, 0.

UN PARTIDO DIFERENTE

Partido correspondiente a 9ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares, 21 de febrero de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Xerar (C), Lucas, Brais, Axel, David Vilasánchez, Aketz, Marcos e David Allegue. Tamén xogaron: Mario, Iker, Dani, Hugo e Leo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

PORTUARIOS: Bruno Gándara (C), Lucas, Bruno Carregal, Antonio, Dani Salgueiro, Dani Lorenzo, Mario e Rubén. Tamén xogaron: Sergio, Marcos, David e Alex.

Adestrador: Julián Carro Aguado.

Delegado: José M. Freire López.

COLEXIADO: D. Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (AXEL) Xogada individual de Axel que termina cun lanzamento dende media distancia que sorprende o porteiro visitante, (minuto 8).

2 - 0 (BRAIS) Bonito gol de Brais de falta directa, (minuto 26).

3 - 0 (BRAIS) Disparo de Brais dende media distancia, (minuto 46).

CRÓNICA:

Medíanse en Prados Vellos o primeiro e o último clasificado da liga prebenxamín grupo 2. O Numancia recibía ó Portuarios sen confianzas e coa ilusión de divertirse no campo e de seguir disfrutando. Neste partido o porteiro habitual do equipo, Marcos xogou de dianteiro; ocupando no seu lugar a portería o xogador de campo Xerar. Soamente unha proba de que na categoría prebenxamín a diversión e a rotación dos nenos nas diferentes posicións do campo están moi por encima do rendimiento e do resultado.Equipo prebenxamin do Numancia de Ares 2013-2014.

En canto ó partido, non foi o mellor encontro do Numancia nesta temporada. O equipo visitante ofreceu moita batalla. Os numantinos na primeira metade non foron capaces de atopar o seu xogo habitual. Aínda así Axel cun bo disparo establecía o 1 - 0 co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade melloraba a imaxe do Numancia, que co paso do tempo conseguía enlazar boas xogadas ofensivas e crear ocasións de perigo. Tamén os de Ferrol Vello intentaban achegarse a portería defendida por Xerar, pero se encontraban coa infranqueable defensa do Numancia. Dous goles de Brais deixaban o marcador final no 3 - 0. Un resultado xusto e mais que suficiente para ó Numancia.

En resumo, un partido diferente que serviu para divertirse e probar cousas novas no equipo ante un rival como ó Portuarios que a pesar de ir de último clasificaco amosou boas maneiras, moita loita e sobretodo moita calidade nalgún dos xogadores máis pequenos do equipo.

En definitiva, seguimos partido a partido e minuto a minuto (Cholo Simeone) disfrutando e divertíndonos co fútbol. É bonito conseguir vitorias e seguir no liderato. É importante seguir mellorando, disfrutando e progresando.

A vindeira fin de semana, esixente e bonito partido para o Numancia prebenxamín en Prados Vellos ante o AD Miño. Comeza a segunda volta da Liga ante o único equipo que o Numancia non foi capaz de vencer na primeira volta.. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.