PREBENXAMINS. G. CARANZA, 2 - NUMANCIA, 6.

UNHA VITORIA MOI TRABALLADA

Partido correspondiente a 3ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2; disputado na tarde do venres no campo Municipal de Caranza ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

 

Caranza 10 de xaneiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA: Iván (C), David, Antón, Adrián, Alejandro, Samuel, Edgar e Joel. Tamén xogaron: Sergio, Asier, Víctor, Jorge, Aaron e Christian.

Adestrador: Pablo Val Guerreiro.

Delegado: Rafael Miranda Veiga.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, David Allegue, Isma (C), David Vilasánchez, Axel e Hugo. Tamén xogaron: Ángel, Aketx, Xerar e Mario.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Pablo Souto Bellón.

COLEXIADO: D. Roberto Domínguez Janeiro. Sen incidencias no seu début na arbitraxe.

GOLES: Joel e Christian no Galicia de Caranza. Xerar (2), David Vilasánchez, Axel, Hugo e Isma por parte do Numancia.

 

CRÓNICA:Imagen partido G. Caranza - Numancia (Caranza 10/01/2014)

Medíanse no Municipal de Caranza dous equipos integrados prácticamente na sua totalidade por xogadores de primeiro ano. Iso non foi excusa para que os pequenos futbolistas de ambos equipos ofreceran aos espectadores alí presentes un bonito partido de categoría prebenxamín.

Na primeira metade, o Numancia foi gañando metros co paso dos minutos e roubando balóns na zona de iniciación dos locais. Foron varias as ocasións para os numantinos; pero unhas veces o desacerto e outras veces as grandes intervencións do porteiro local Iván impedían os goles. Houbo que esperar ata o minuto 23 no que Xerar culminaba unha boa xogada colectiva dos aresáns para anotar o 0 – 1 co que se chegaba ó descanso.

A segunda metade comezaba sen control e con moitos goles. Joel facía o 1 – 1 para o G. Caranza. Acto seguido Axel establecía o 1 – 2 para os numantinos. Un minuto despois Christian facía o 2 – 2 para os locais. Pechaba o festival de goles deste inicio da segunda metade o numantino David Vilasánchez que anotaba o 2 – 3 para o Numancia cun fermoso disparo dende preto do banderín de córner.

Chegabamos o último tramo do encontro con vitoria pola mínima para o Numancia. Os locais pecharon ós numantinos durante cinco minutos no que os nenos aresáns defenderon con seriedade, orde e moito sacrificio. Despois dos apuros, saque de porta de David Vilasánchez chegaba para Hugo que tras desmarcarse batía o porteiro local na súa saída no minuto 44, anotando o 2 – 4. Parecía pechar o partido o Numancia; cousa que se confirmou minutos despois cos goles de Isma e Xerar que deixaban o marcador final no 2 – 6 definitivo.

En resumo, bo partido do Numancia prebenxamín con boa actitude de todo ó grupo. Un partido que non se pechou na primeira metade: pero que nos últimos 20 minutos de encontro resolveuse con seriedade defensiva e co acerto cara ó gol que faltou na primeira metade. Haberá que seguir mellorando.

Salientar que neste partido debutou na arbitraxe o colexiado Roberto Domínguez Janeiro: un dos árbitros que finalizaron con éxito o Curso de Capacitación nos últimos meses do 2013. Novos colexiados que ao igual que os nenos precisan da axuda e o ánimo de todos nesta primeira etapa de aprendizaxe na difícil e tan necesaria labor da arbitraxe para o fútbol.

A vindeira semana, o Numancia prebenxamín recibirá en Prados Vellos a visita do Eume Deportivo. ¡¡¡Non faltedes para apoialos¡¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.