PREBENXAMINS. MIÑO, 4 - NUMANCIA, 2

GOLES SON AMORES

Partido correspondente a 1ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na tarde do venres no campo Municipal de Miño ante moitos espectadores de ambos equipos.

 

Miño, 13 de decembro do 2013.

FICHA TÉCNICA:

AD MIÑO: Juan, Víctor, Antón, Samuel, Javi, Hugo, Noel e Xoel. Tamén xogaron: Adrián e Pablo.

Adestrador: Miguel Villadoniga Miramontes.

Delegado: Juan F. Salido Domínguez.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Brais, Lucas, David Vilasánchez, Axel, Hugo e Mateo. Tamén xogaron: Ángel, Isma, Aketx, Xerar e Sergio Feal.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (JAVI) Javi recolle un despexe da defensa numantina e bate a Marcos cun bo disparo (minuto 23).

1 - 1 (LUCAS) Gran pase interior de Axel hacia banda dereita. Por alí aparece Lucas que falla en primeira instancia no seu disparo; pero aproveita o rexeite do porteiro para facer o empate (minuto 35).

2 - 1 (NOEL) Gran disparo de falta de Noel que sorprende a Marcos (minuto 37).

2 - 2 (AKETX) Disparo de Xerar dende a esquina do área que desvía Aketx co peito hacia dentro da portería do Miño (minuto 40).

3 - 2 (VÍCTOR) Roubo de balón do Miño, pase á espalda da defensa numantina e gol de Víctor en posición dubidosa (minuto 46).

4 - 2 (ADRIÁN) Contraataque do Miño finalizado por Adrián.

 



CRÓNICA:

Despois dun longo parón tras rematar a fase previa da Liga en Cedeira; voltaba un mes despois a competición para o Numancia prebenxamín. Xogaban os nenos numantino en Miño ante un dos rivais mais fortes desta liga, o AD Miño.

Na primeira metade, a posesión de balón, o dominio e as ocasións foron para o Numancia. Os de Ares dominaron dunha forma clara este primeiro tempo; facendo en ocasións xogadas combinativas fermosas e moi logradas. Pero o fútbol non entende de estilismos e non premia o fútbol constructivo. O fútbol e cruel xa dende categorías moi baixas; e o Miño atopábase co gol de Javi na sua primeira e única chegada do primeiro tempo. Co resultado de 1 - 0 chegabamos ó descanso.

Na segunda metade, equilibráronse as forzas, o partido abriuse e chegaron ocasións e goles para ambos equipos. Atopaba o empate o Numancia por medio de Lucas; pero pouco duraba a ledicia para os numantinos xa que rápidamente Noel devolvía a vantaxe os locais co lanzamento dunha falta. Non se rendían os numantinos e Aketx conseguía o empate no minuto 40. Pero os últimos 10 minutos de partido foron duros para o Numancia. Tras varias ocasións erradas para conseguir a vitoria; chegaban dous goles do Miño que aproveitaba a velocidade e o físico de algún dos seus exhaustos xogadores para levarse o partido por 4 - 2.

En resumo, bo partido dos prebenxamíns do Numancia. Bo xogo, moitas ocasións. Unha pena que non acompañe as veces a sorte, o físico e a concentración. Algo moi lóxico tendo en conta que 17 xogadores do equipo son de primeiro ano e soamente 4 son de segundo ano. Pagamos peaxes en canto a resultados; colleitamos ledicias e recoñecementos en canto ó xogo. ¡¡¡Firmamos¡¡¡

Coa ilusión de seguir mellorando e disfrutando; e de xogar todos moitos minutos nos partidos para seguir formando afronta esta longa Liga do grupo 2 que se prolongará ata o mes de marzo. Ese é o único obxetivo; o que veña a maiores.... benvido será.

Agradecer a Pablo Souto (pai de Isma) a cesión das fotografías deste partido.

A vindeira ocasión para ver en acción a este xoven equipo de prebenxamíns do Numancia será o próximo fin de semana en Prados Vellos ante o Ánimas de Ferrol no campo de Prados Vellos; no partido correspondente a 2ª xornada de Liga; última do 2013.

Antes de ese envite ante o Ánimas os prebenxamins numantinos disputarán un dos partidos mais compricados da temporada. Será o martes en Prados Vellos a partir das 17:00 onde os nenos mediranse o correoso equipo das SUPERMAMÁS numantinas para disfrutar todos xuntos despois do partido dunha copiosa e merecida merenda de Nadal na cantina de Prados Vellos.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.