PREBENXAMINS. NUMANCIA, 3 - EFR FERROL "B", 3.
A CHOIVA FOI PROTAGONISTA
Partido correspondente a 5ª xornada da fase previa prebenxamín, grupo 3 disputado na tarde do venres ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 18 de outubro do 2013
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, Iker, Isma, David Vilasánchez, Hugo, Sergio Gil (C). Tamén xogaron. Dani, Aketx, Óscar, Axel e Uxía.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
EF RACING FERROL "B": Jesús, Javi, Hugo, Olivia, Marcos (C), Iker, Bouza e Martín. Tamén xogaron: Alex, Javi Villar, Jorge, David, Yago e Casas.
Delegado: Iván Balaguer Álvarez.
COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez.
GOLES:
0 - 1 Martín aproveita un mal despexe da defensa numantina para batir a Marcos (minuto 4)
1 - 1 David Vilasánchez anota un golazo lanzando unha falta por toda a escuadra esquerda da portería racinguista (minuto 7).
1 - 2 Iker aproveita un erro na saída do balón do Numancia para batir a Marcos (minuto 10).
2 - 2 Brais, de penalti (minuto 21).
3 - 2 Novamente David Vilasánchez de falta directa (minuto 34).
3 - 3 Gran gol de Marcos de falta directa (minuto 49).
RESUMO:
Partido condicionado pola gran cantidade de auga que caeu durante todo ó partido. A choiva propiciou que o terreo de xogo estivera rápido e resbaladizo; e tamén que os nenos (en especial os numantinos) estiveran fríos, desconcentrados e imprecisos durante todo ó encontro. Pese a esos condicionantes o partido foi entretido para o espectador, con alternativas no marcador e con moita emoción ata o último minuto onde o Racing "B" establecía un empate xusto no marcador, visto os méritos feitos por ambos equipos durante todo o partido.
Neste encontro debutou no Numancia prebenxamín unha nova xogadora, Uxía Allegue. Con ela son xa 19 @s xogado@s que debutaron na competición ligueira co Numancia; cando van disputadas 5 xornadas.
A vindeira fin de semana o Numancia prebenxamín visitará as instalacións de A Gándara en Ferrol para medirse o Racing San Pedro.
Fotos do partido xentileza de Flor Carrasco.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡