Prebenxamins, Copa: Racing 6 vs Numancia 2

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines. Temporada 2008-2009. Racing 6 - Numancia 2. Camponato de CopaUn bo Numancia planta cara ó Racing.

Sábado, 16 de Maio de 2009

César Viñas Piñeiro


Racing 6 -- Numancia 2

ALINEACIÓN:

Eirik; Jaime, Saúl; Diego, Iván y Víctor; Martín; Cambios: Fran, Stefan y Ole


GOLES: Saúl -2 goles-

COMENTARIO:

Última oportunidade para clasificarse na Copa, e Numancia xogaba contra o Racing, na Malata, na mañá do sábado, que ameazaba con chuvias; e así comeuzo o partido, e os arensas sairon moi concentrados e mantendo o debuxo, con moitas gañas, e o Racing non podía facer o seu xogo, pero no minuto 3,un erro, nun saque de banda a favor dos numantivos, que roubou ó Racing, converteuse no primeiro gol, na primeira chegada dos locais. O gol descolocou moito o Numancia, e así cun tiro lonxano no minuto 5, volveron a adiantarse no marcador, 2 a 0.

Despois os nenos asentáronse de novo, e con xogadas de mérito e xogo de equipo, conseguiron chegar á meta do Racing, pero non podían marcar, e así pouco a pouco, o no conseguir o gol, foron baixando a atención e xa non se defendía como no inicio, e no minuto 14 sen oposición, cun tiro desde dentro do área puxo o 3-0, e o partido complicábase, pero no minuto 18 unha xogada levada de lado a lado da área do Racing, Sául cun bo tiro desde fora do área, recortable distancias, 3-1. e de aquí o final, algunha ocasión máis para o Numancia, pero sen cambios no marcador.

O segundo tempo non comenzou como o primeira e no minuto 2, un tiro desde ó lateral da meta, colouse para facer o 4-1. pero o gol despertou de novo os menos, e con moito xogo de pase, intentaba chegar pero non tiña remate, e no minuto 5 un balón cruzou á área e introduciuse para aumentar a renta a 5-1, e dous minutos despois, no 7, un centro a área foi o 6-1.

Pero o Numancia non se rendía e continuou xogando e intentando recortar distancias no marcador, e no minuto 11, Saúl de xogada individual logrou o segundo para os visitantes, 6-2. de aqui ó final máis do mesmo, moitas gañas do Numancia, bo xogo, pero a pegada dos ferroláns foi demasiada para o Numancia.

E así despediuse o Numancia da tempada 2008-09 cunha boa imaxe na Malata, e saúdando os rivais ó final do choque.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.