PREBENXAMÍNS. AS PONTES "B", 0 - NUMANCIA, 12.
CLARA SUPERIORIDADE DO CONXUNTO ARESANO
Partido correspondente á terceira xornada de liga prebenxamin entre As Pontes "B" e Numancia celebrado na mañá do sábado nas instalacións de O Poboado
As Pontes 22 de decembro de 2012.
ALIÑACIONS
AS PONTES “B”: Pablo, Diego, Antón, Carlos, Israel, Anxo, David, Xalo, Xandre, Sergio, Saúl, Bruno e Alex.
NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Markitos, Carlos, Xerar, Brais, David López, Aaron, David Vilasánchez e Hugo.
COLEXIADO: Telmo Pérez Vázquez.
GOLES: Markitos (4), Manu (3), Xerar (2), Aaron, David López e Carlos.
Partido disputado nunha soleada mañá de sábado cunha temperatura agradable e agradecida para a práctica do futbol.
No que ao partido se refire na primeira metade o conxunto aresano amosaría unha clara superioridade ante o conxunto pontés o que lle permitiría irse ao descanso cunha vantaxe de 0 - 4. Xa na segunda metade esta vantaxe se ampliaría claramente e oito goles máis dos de Ares botarían o balance final xa coñecido de As Pontes "B" 0 - Numancia 12. Con esta nova vitoria os pupilos de Genete e Kiko finalizan o ano encabezando a táboa clasificatoria do grupo dous prebenxamín.