PREBENXAMINS: R.FERROL B, 11 – NUMANCIA, 3

Os erros matan a un Numancia sen cambios.

Sábado, 4 de Abril de 2009

César.

  
ALINEACIÓN:
Iván; Jaime; Saúl, Diego, Fran; Martín y Víctor.

GOLES: Víctor, Martín e Saúl

CAMPO: A Malata

 

COMENTARIO: Presentouse o Numancia na Malata na mañá do sábado 4 de Abril, para xogar o partido da xornada 15, aprazada polo temporal, contra o campión do grupo, o Racing B.

E quizás a hora do partido, ás 10 da mañá, fixo que os visitantes non estivesen atentos, e nada máis comezar, no minuto 1, xa perdían por 1-0. pero tras o gol o Numancia refíxose e tivo moita posesión de balón, aínda que non moitas ocasións, cun ataque moi estático, e ambos dianteiros moi xuntos. Pero no minuto 12, nunha contra dos locais, o Numancia marcou en propia porta nunha xogada mal defendida desde o inicio, e a partir de aquí o fútbol o puxeron os locais, xa que o Numancia intentaba sempre xogada individual, ben defendida polo Racing, que no minuto 17 logrou o seu terceiro, pero no minuto 20, co tempo cumprido, Víctor en xogada individual recortou distancias para o Numancia e parecía que aínda había partido...

....pero os 10 primeiros minutos da segunda parte, mataron aos numantinos, que encaixaron goles nos minutos 2, 4 e 6, por fallos na recuperación do balón, e nunha contra moi rápida do Racing, e para colmo da mala sorte, no minuto 7, un novo gol en propia porta, puxo a partido cun 7-1, con só 10 minutos por xogar; e foi agora cando Saúll, de falta no minuto 10, logrou reducir a diferencia, pero nada máis sacar do medio, o Racing recobrou a diferencia nunha boa xogada, chegando a un 8-2, que non sería o marcador definitivo.

Xa que no minuto 13, nunha contra, levada por Víctor, cun bo pase a Martín levou o 8-3 no marcador, pero despois de 34 minutos xogados e sen cambios, os nenos empezaron a notar o cansanzo, e cometeron erros e non recuperaban ás posicións, e así no 14 e no 17, dous novos goles dos locais, deixaban claro que ían levarse os puntos en xogo, e para remate un novo gol en propio porta do Numancia, no mínuto 19, cerrou o marcador, 11-3, e con el a participación do Numancia na liga, a espera do comenzo da Copa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.