PREBENXAMINS. NUMANCIA, 7 - CEDEIRA "B", 1.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2012-2013. Numancia 7 - Cedeira IMPROVISANDO SOBRE A MARCHA.

Goleada dos de Ares por 7 – 1, un nun partido marcado polas numerosas baixas locais. Ao descanso chegouse con vitoria local por 2 – 0.


Prados Vellos 10 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Juan, Miguel, Marcos Rey, Axel, Marcos Margharetto, Carlos, Brais, David, Aaron e Hugo.

CEDEIRA "B": Brais Riola, Angel, Xabier, Adrian, Lucía, David, Mateo, Brais Villadoniga, Antonio, Antón e Lois.

COLEXIADO: Martín Zakaryan

Disputábase o encontro pertencente á sétima xornada da categoría prebenxamín no seu grupo terceiro. Por parte do Numancia habería que improvisar sobre a marcha o equipo de inicio xa que contaría con tres baixas de última hora. Para solventar o imprevisto hoxe xogaría Miguel, o segundo porteiro, de xogador, por certo, faría unha boa e destacada labor. En canto ao partido se refíre destacar o dominio do equipo local, que a pesar de contar con poucos efectivos dominaría territorialmente. Na primeira metade pese ao dominio, as aproximacións á meta visitante serían escasas. A pesar diso os de Ares iríanse ao descaso cun 2 - 0 a favor. Na segunda parte os de Ares crearían máis ocasións de perigo, e estarían máis acertados de cara a meta, facendo chegar o balón ao fondo da rede en cinco ocasións máis. O Cedeira marcaría o gol da honra mediado o segundo tempo. Finalmente os de Ares levarían a vitoria final por un máis que merecido resultado de 7 - 1.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.