PREBENXAMÍNS. TORNEO DO ROXAL
NUMANCIA- O ROXAL, EN SEMIFINAIS
Mañá, domingo 27 de maio, ás 12.30 h. no pavillón de Neda, os prebenxamíns intentarán o pase á final.
Ares, 26 de maio de 2012
Se esta mañá conseguían unha axustada vitoria ante A Solaina (3 - 2), pola tarde gañaron comodamente ao Freixo por 13 - 1. Con este resultado clasifícanse primeiros de grupo e xogarán a semifinal contra o Roxal, segundo clasificado do outro grupo.
A outra semifinal será entre o Río do Pozo e A Solaina.