PREBENXAMINS: NUMANCIA, 5 – SAN PEDRO, 2

O Numancia despídese da competición cun mal partido na casa

 

Venres, 20 de marzo do 2009

César.

  
ALINEACIÓN:
Eirik; Jaime; Saúl, Diego, Fran; Martín y Víctor. Cambios: Stefan,


GOLES: Víctor (2), Martín (2) e Saúl (1)

CAMPO: Prados Vellos

 

COMENTARIO: Na xornada 22, que cerra a Liga, xogaban o Numancia como local e o San Pedro B como visitantes, no Prados Vellos, en Ares.

E nada máis comezar o partido, unha xogada moi rápida de Víctor, con asistencia a Martín, abriu o marcador...pero relaxou en exceso aos locais, que a partir deste momento, apenas comezado o partido, deixaron de presionar e o San Pedro foi tendo varias ocasións, ata que logrou o empate. Entón pareceu que o Numancia despertara, e en xogada individual de Víctor, voltouse adiantar no marcador, e grazas a algúns balóns salvados na liña de gol polos aresáns: Saúl, Fran, Diego,...Chegouse ao descanso cun 2-1 e todo aberto para a segunda metade.

Os goles de Saúl, Víctor e Martín, puxeron o partido en clara vantaxe para os locais, pero co paso dos minutos, voltaron os erros, as imprecisións e xogadas moi estrañas como a do segundo gol dos visitantes...na que no saque do porteiro o balón petou nun compañeiro e todos quedaron a mirar como o San Pedro lograba un gol, que lle puxo emoción ao final do partido, no que o Numancia de Ares non chegou a xogar ben ao fútbol: os xogadores non corrían e estaban pendentes doutras cousas, e co paso dos minutos, fóronse descolocando ata non distinguirse onde estaba a xogar cada un.

Ao final o Numancia gañou os últimos puntos en xogo nesta Liga (queda o partido pendente contra o lider) en Ares, onde empezou a refrescar a boa tarde que fixo, e os/as nenos/as saúdaronse tras o partido antes de ir ás duchas para escapar do frío....

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.