PREBENXAMINS: PERLÍO, 2 – NUMANCIA, 8

Vitoria fronte ao cuarto clasificado

Venres, 13 de marzo do 2009

César.

  
ALINEACIÓN:
Eirik; Jaime; Saúl, Víctor, Fran; Martín e Diego. Cambios: Stefan, Ole e Iván.

GOLES: Martín (1), Saúl (3), Diego (1), Víctor (1) e Fran (2)

 

CAMPO: Prados Vellos

 

COMENTARIO: Na penúltima xornada do Campionato, enfrontábanse o 3º e 4º clasificados, isto é, o Numancia fronte ao Perlío, nos Pinares, campo do Perlío.

Nun campo de terra, o Numancia de Ares tardou en “centrarse” no partido, pero Martín case na metade deste primeiro tempo abriu o marcador para o Numancia, ao finalizar unha xogada de Víctor, que sería o encargado de facer o 0-2, aos que se sumaron dous goles de Saúl, e así nuns 5 minutos os visitantes puxéronse 0-4 no marcador, pero o Perlío lograría acortar distancias antes do descanso, tal que se chegou cun 1-4.

Nada máis comezar a segunda parte, un gol en propia porta, debido á presión dos locais, que obrigaron ao Numancia a despexar balóns, apretou un pouco o marcador, e con el o partido; e así estivo durante 1/3 desta parte, onde parecía que o partido se ía romper, pero non cara quen... e neste momento chegou o primeiro gol de Fran, nunha xogada moi rara, que con sorte, chegou ao fondo das redes locais, e aquí rematou o partido, xa que despois de moito loitar, e non conseguir marcar o Perlío, descentrouse e foron caendo máis goles para os aresáns: Diego, de novo Fran, e cerrou o marcador Saúl.

Agradecer a Carlos que se prestase a arbitrar, pois o árbitro non apareceu polo campo. No remate todos os nenos/as se deron a man, agás un rapaz do Perlío que acabou encarándose con varios nenos do Numancia, unha actitude certamente a erradicar, sobre todo nos nenos/as...

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.