PREBENXAMINS: NUMANCIA, 8 – R. FERROL D, 3

O Numancia acada unha nova vitoria

Venres, 6 de marzo do 2009

César.

ALINEACIÓN: Eirik; Jaime; Saúl, Diego, Fran; Martín y Víctor. Cambios: Stefan, Ole e Iván.

GOLES: Martín (3), Saúl (2), Diego (2), Víctor (1)

 

CAMPO: Prados Vellos

 

COMENTARIO: Nunha tarde de chuvia, vento e frío, en Ares, no Prados Vellos, xogaban o Numancia de Ares e o Racing de Ferrol D, e nada máis comezar adiantouse o Ares por medio de Martín, a pase de Víctor, e novamente volveu a marcar Martín, antes de que o Ferrol D conseguise o seu primeiro tanto; pero isto só foi o comezo do partido..., de feito cun bo xogo dos locais, con moita posesión do balón, e sempre buscando xogar como un equipo, o Numancia de Ares non deixou xogar ao Racing que nesta primeira parte, salvo o gol, non tivo máis oportunidades, e chegouse ao descanso cun claro 7-1, onde aos dous primeiros goles de Martín, sumáronse un de Víctor, dous de Saúl, e outros dous de Diego, e o partido case resolto.

Na segunda parte con moitos cambios nos locais, o Racing conseguiu participar máis no xogo, e tivo algunhas ocasións logrando marcar 2 goles nesta parte, e sería novamente Martín o encargado de cerrar o marcador, 8-3, nun partido no que nos últimos minutos todos os nenos querían irse pois o frío comezaba a apretar, e cando pitou o árbitro os saúdos entre todos os xogadores foron breves e todos correndo, fóronse ás duchas e a tomar un cacao ben quente...

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.