PREBENXAMINS: NUMANCIA, 17 – NARÓN B, 0

Festival de goles no Prados Vellos antes do Entroido.

Venres, 20 de Febreiro do 2009

César.

  
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Prebenjamines A. Numancia A - Narón B.ALINEACIÓN: Stefan Mack; Jaime Roade; Saúl Leiva (capitán); Diego Varela y Fran Romaus; Victor López y Martín Saavedra. Cambios: Eirik Rokkones e Ivan Dragoevich


GOLES: Martín (7); Víctor (4); Iván (3); Fran (1); Saúl (1); Eirik (1).

 

CAMPO: Prados Vellos

 

COMENTARIO: Chegou o Narón B a Ares con tan só 6 nenos/as e sen porteiro,...o que favoreceu e facilitou o xogo dos locais, e por tanto aumentou a posibilidade de facer gol... que non tardaron en chegar, a través de rápidas xogadas de equipo nos primeiros goles de Martín e Víctor ao pouco de empezar, sen réplica dun equipo que en inferioridade, rara vez pasau do medio do campo, e as poucas veces que o fixo encontrou un Jaime moi seguro e atento aos ataques rivais, mentres os dianteiros e a xogadores do medio seguían a lograr goles, ata chegar ao descanso cun claro 9 a 0 para os locais.

Na segunda metade e con moitas probas de diferentes posicións dos xogadores do Numancia o seu xogou baixou un pouco e convertiuse en máis individual, e só Saúl mantivo a súa posicións mentres todos querían marcar... e chegaron os goles de Ivan, de Fran e de Eirik nos minutos que xogou de campo, deixando nos últimos minutos a Martín na portería. Ao final un contundente 17 a 0, que acerca ao Numancia á segunda posición, e os nenos/as do Numancia e do Narón, fóronse a preparar o Entroido...

INCIDENCIAS: Boa tarde de venres en Prados Vellos, sol radiante e vento moi frío

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.