SUBLIME. O FERROLÁN NACHO NOVO, PROTAGONISTA DA SELECCIÓN GALEGA.

Así definiu a actuación de Nacho Novo o seleccionador Fernando Vázquez: SUBLIME. Certamente, a garra, a ilusión, as gañas, e tamén a calidade na definición, converteron a este emigrante ferrolán no auténtico protagonista do cuarto partido da selección galega.

Os seus dous goles foron decisivos para derrotar á selección iraní por 3 - 2, aínda que o resultado non era o máis importante. Estes encontros pretenden unir aos siareiros do norte e do sur, aos galegos das catro provincias baixo as cores dunha única bandeira. O importante é conseguir que os nosos xogadores sintan o orgullo de vestir a camisola irmandiña, que polo seu sangue circule o sentimento da galeguidade.
Nacho Novo foi o exemplo perfecto de xogador galego comprometido que fixo todo o posible para estar en Riazor. Comentouno tamén Fernando Vázquez: Nacho estaba disposto a pagar o billete de avión para estar hoxe connosco.
Coido que Galiza estará orgullosa de ter disfrutado coa súa participación e, por suposto, os ferroláns deben ser os máis entusiastas.
Cando foi substituído, os siareiros galegos cantaron o seu nome en sinal de admiración. Hoxe, Galiza descubriu a un pedazo de xogador.
Desde Ares, desde o Numancia, GRAZAS Nacho por todo o que fixeches hoxe e oxalá que te vexamos axiña nun equipo galego

 

Noticia na Voz de Galicia

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.