FÚTBOL 5. X ENCONTROS DE NADAL EN MUGARDOS
RESULTADOS DA XORNADA FINAL: O Numancia prebenxamín campión
Mugardos. 31 de decembro de 2009
Un ano máis viviuse unha tarde completa no pavillón municipal do Cristo mugardés e puidemos disfrutar todos dunha xornada deportiva e festiva, observando as evolucións dos cativiños, desde nenos de catro anos ata os "maiores" con once anos. Hai que felicitar ao Galicia de Mugardos pola organización destes encontros así como ao concello de Mugardos, entre as dúas entidades facilitan que os nenos despidan este 2009 coa ledicia de recibir unha medalla e outros agasallos que para eles son un grandísimo premio.
A continuación ofrecemos os resultados desta xornada final, na que desde os intereses do Numancia debemos comentar que, á parte dos resultados, temos que salientar a coherencia dos nosos adestradores procurando formar equipos onde primen a participación e a deportividade, por riba das vitorias.
BIBERÓNS: Numancia, 6 - G. Mugardos, 1
PREBENXAMÍNS:
5º - 6º : Perlío, 2 - Eume, 0
3º - 4º : R. Ferrol, 0 - Numancia B, 2
1º - 2º : Numancia A, 6 - G. Mugardos, 3
CAMPIÓN: NUMANCIA A
BENXAMÍNS:
3º - 4º: G. Mugardos, 0 - Numancia, 1
1º - 2º: R. Ferrol, 3 - Perlío, 3 (penaltis: 0 - 2)
CAMPIÓN: PERLÍO
ALEVÍNS:
3º - 4º: Numancia, 0 - G. Mugardos A, 1
1º - 2º: Perlío, 2 - G. Mugardos B, 0
CAMPIÓN: PERLÍO