Melloras nas instalacións de Prados Vellos.

S.D.R. Numancia de Ares. Reformas en Prados Vellos. Vestuarios femeninos. Acceso servicios minulválidos, parque infantilRampa de Acceso ós servizos, vestiario feminino e parque infantil son as últimas melloras realizadas en Prados Vellos.

 

 

Continúa a colaboración do concello de Ares coa SDR Numancia na liña de completar as instalacións do campo de fútbol, como podemos observar na materialización dunha serie de obras que se realizaron ultimamente.

Por unha banda, hai uns días, os vestiarios, tanto o local coma o visitante, recibiron perchas, andeis e bancos para dar máis servizo aos usuarios.

Ademais, cumpriuse unha vella e necesaria demanda, a reivindicación duns vestiarios exclusivos para as nenas que queren ser futbolistas. Por fin, poden practicar o seu deporte favorito nunhas condicións dignas, e contan cun vestiario propio. Acabouse o de ter que utilizar o vestiario arbitral ou ter que marchar para a casa sen darse unha ducha.

Outra necesidade imperiosa era o acceso e adaptación dos servizos para minusválidos, eliminando calquera barreira que lles impedise o seu uso. Desde hoxe, os servizos de público contan cunha rampa de acceso e cunha porta o suficientemente ancha para permitir o paso dunha cadeira de rodas.

E tamén queda pouco para que os máis cativos poidan disfrutar dun miniparque infantil, con bambán (columpio) e tobogán. Os elementos xa están en Prados Vellos e van ser colocados axiña.

Sabemos que aínda restan dúas obras moi importantes e custosas: a colocación das bancadas e a instalación eléctrica. Todos queremos que estean listas canto antes e estamos convencidos de que así vai ser.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos. Rampa de acceso para minusválidos a los aseos S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos. Vestuario Femenino. S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos.  Vestuario Femenino
     
S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos. Vestuario Femenino S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos.  Estanterias Vestuarios S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos. Estanterias Vestuarios
     
  S.D.R. Numancia de Ares. Melloras en Prados Vellos. Parque Infantil  

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.