TORNEOS CONVIVENCIA F8 RFGF

ADR Numancia de AresALEVÍNS E PREBENXAMÍNS CHEGARON AOS CUARTOS DE FINAL

A pasada fin de semana celebráronse os Torneos de Convivencia de F8 organizados pola RFGF, que popularmente coñecense como a "Copa" de cada categoría. Alevíns en Neda e Prebenxamíns en Maniños representaron ao Numancia nos mesmos, xa que os Benxamíns rexeitaron xa antes do sorteo participar na sua categoría en As Pontes, xa que como en anos anteriores, as celebracions das Primeiras Comunións en Ares imposibilitaban afrontar esta competición coa seriedade que merece.

TORNEO DE CONVIVENCIA ALEVÍN (Neda)

ADR Numancia de Ares. TORNEO CONVIVENCIA RFGF ALEVÍNOs 10 mellores equipos da categoría alevín, pertencentes o grupo 1 da Liga dábanse cita o sábado no Municipal de Neda. Os nosos encadrados no grupo "A" superaban ao Cedeira SD e Narón Freixo e caían derrotados ante os veciños do Galicia de Mugardos e ante a SD O Val.

Nos Cuartos de Final, o potente Racing de Ferrol foi moi superior os nosos, rematando desa maneira a participación do Numancia. Gran temporada dos nenos alevíns, que durante a mesma medironse aos equipos principais das mellores canteiras da comarca, Racing de Ferrol, Galicia de Caranza ou Narón Freixo; tanto na competición de Liga no grupo principal (na que finalizaron séptimos) como na Copa.

 Galería fotográfica do torneo Alevíns

TORNEO DE CONVIVENCIA PREBENXAMÍN (Maniños)

ADR Numancia de Ares. TORNEO CONVIVENCIA RFGF PREBENJAMÍNOs 27 equipos da categoría Prebenxamíns dábanse cita en O Pote. Na xornada de sábado disputábase a Fase de Grupos. Os nosos desfacíanse do Racing San Pedro e do CD As Pontes, clasificándose como primeiros do grupo para os Oitavos de Final.

Na mañá do domingo, o Numancia vencía con claridade ao Narón Freixo "B" nos Oitavos de Final. Xa nos Cuartos de Final, emocionante partido ante o Meirás CF que finalizaba con empate. A lotería dos penaltis sorriu ao subcampeón do grupo 1, que posteriormente sería tamén campeón de Copa. Gran temporada tamén dos nosos pequenos, campións do grupo 2 da categoría e eliminados a penaltis nos Cuartos da Final da Copa ante o segundo mellor conxunto da categoría.

Galería fotográfica do torneo Prebenxamín

Agora é momento para encarar a recta final da temporada, participando nos clásicos Torneos e na Clausura de Fin de Temporada, o 29 de Xuño no Monasterio de Santa Catalina en Montefaro.

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.