NUMANCIA DE ARES 3 - RÁPIDO DE NEDA 3

ADR Numancia de AresPROHIBIDO RENDIRSE

Partido correspondiente a 19ª xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra, grupo "A", disputado na tarde do domingo en Prados Vellos.

Ares. 7 de Abril do 2019

Nos prolegómenos do partido, o representante das Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez entregoulle ao centrocampista, Elías García o premio como xogador mais regular do mes de Marzo.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Antón, Berto, Juan, Marcelo, Elías, Iván Pivo, Alex Pita, Julio, Espiñeira e Chapu. Tamén: Teti, Martín, Ángel, Joaquín e Arnoso (p.s.)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Numancia, 2 - Rápido de Neda, 3Tarde chuviosa en Prados Vellos que albergaba un clásico da categoría entre dous equipos da zona alta, pero sen mais ambición que a de rematar a competición de Liga da mellor maneira posible. Os dous equipos sairon a disfrutar do fútbol, polo que vimos boas xogadas e ocasións de gol. Iván Pivo remataba fora un bo centro de Julio. Respondía o visitante Jorge Lesta cun cabezazo en boca de gol que saía alto. Pouco despois Juan lanzaba unha falta que envíaba a córner o bo meta nedense. Tamén a balón parado, os visitantes creaban certo perigo. No minuto 22 chegaba o 0-1 ao rematar Jorge Lesta un centro dende a banda dereita. Respondía o Numancia cun desviado tiro de Julio e cun centro chut do mesmo Julio que a piques estivo de sorprender ao porteiro. As últimas ocasións da primeira metade eran para Chapu nun disparo que atrapaba o porteiro e noutra ocasión o mesmo Chapu disparaba cerca do pau. Os nedenses gozaban dunha falta a que respondía Kike cunha gran parada. Co 0-1 e co público fiel moi entretido chegabamos ao descanso.

No descanso tivemos a ocasión de disfrutar do Concurso dende o mediocampo, no que o aficionado do Numancia, Óscar Garía non conseguiu o gol en ningún dos tres tiros baixo a choiva, paraugas en man. Pero pasamos un bo rato...

A segunda metade comezaba cun tiro de Chapu diante do porteiro que resolvía éste último cunha parada. Pouco despois chegaba o 0.2 do Neda nunha falta lateral que conseguía rematar Carlos Amado de cabeza no punto de penalti. Non se rendiron os numantinos, conseguindo Chapu o seu primeiro gol da tarde, aproveitando un barullo na área para facer o 1-2. Pouco despois, clara ocasión de Joaquín que sacaba o porteiro. De tanto insistir chegaba o 2-2, nun saque de esquina de Espi que cabeceaba Chapu a gol. De seguido, chegou o 2-3 de Unai que aqproeitaba un pase á espalda numantina, arrincando nunha posición límite para despois picar o balón por alto ante a saída de Kike. O Numancia non dixera a última palabra, e de novo aparecía Chapugol para aproveitar un bo balón de Martín, facer o 3-3 e de paso prácticamente asegurar ser o Pichichi da categoría. Nos últimos minutos, Ángel e Dani Espiñeira tiveron o gol da vitoria nas súas botas, pero o marcador xa non se moveu.

Clasificación e resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Galería fotográfica do partido.

En definitiva, bo partido entre dous equipos que buscan rematar ben a Liga e que teñen todas as ilusións postas na competición de Copa. Os nosos fixeron por momentos un bo xogo, e no último tramo de partido tiveron un arreón de coraxe que lles serviu para rescatar un mais que merecido punto. ¡¡¡Mágoa dos despistes defensivos¡¡¡ Cuestión de confianza, recuperaremos o mellor nivel. Seguro. Quedan tres xornadas de Liga e o próximo domingo ás 17:30 rendimos visita ao CCRD Perlío, un equipo que se está a xogar nada mais e nada menos que o título de Liga. ¿Bonito reto, verdad? Vémonos tod@s o domingo no campo de Os Pinares.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.