ADC MOECHE 0 - NUMANCIA DE ARES 3
UNHA VICTORIA BALSÁMICA
Partido correspondiente a 16ª xornada da Segunda Galicia grupo "A", disputado na tarde do domingo no Municipal de Moeche.
Moeche, 17 de Abril do 2019
CRÓNICA:
Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:
NUMANCIA: Kike, Amenedo, Antón, Vicente, Juan, Elías, Martín, Espiñeira, Julio, Alex Pita e Chapu. Tamén: Berto, Teti, Fran Ripas, Iván Pivo e Arnoso (ps).
Chegaba o Numancia a Moeche nun domingo no que a vila modestina celebraba a sua popular Feira do Queixo. Non trouxo nada da feira o noso equipo, pero si que conseguiu traer tres puntos moi valiosos para a moral do equipo logo de dúas derrotas consecutivas. Con sol, algo de fresco e un campo dos mellores da comarca, o noso equipo sentenciou o partido nunha boa primeira parte. Amenedo entrou con forza dende banda dereita e aproveitou un centro dende o outro lado para facer o 0-1 no minuto 28. Un minuto despois, erro na saída de balón local e Alex Pita recollía o balón para facer o 0-2 cunha bonita vaselina. Tivo algunha que outra ocasión o Numancia, pero non foi ata o minuto 39 cando de novo Alex Pita facía o 0-3 mandando o balón por enriba do porteiro. Importante a recuperación de Pita, un xogador que si ten continuidade e está centrando, sen sancións ni lesións debe de ser moi importante no que resta de temporada. Co 0-3 e co partido prácticamente sentenciado chegabamos ao descanso.
Na segunda metade, a gran noticia foi a reaparición dun dos capitáns do equipo, Berto Permuy despois de varios meses mancado. A relacación numantina foi aproveitada polos modestinos para levar algún perigo a portería de Kike, pero por sorte non conseguiron o seu obxetivo e a vitoria numantina non correo perigo en ningún momento.
* Clasificación e resultados da xornada
O próximo domingo ás 17:00 en Prados Vellos recibios ao Meirás CF, nun partido importante para a loita pola terceira posición. Os nosos, buscarán nestas seis xornadas que restan acabar a Liga no pódium da mesa e chegar a competición de Copa (na que o ADC A Capela visitará Prados Vellos o 12 de Maio na eliminatoria previa).
¡¡¡Vémonos todos o domingo ás 17:00 en Prados Vellos nun importante partido ante o conxunto do Misael Prieto¡¡¡
AUPA NUMANCIA