ADR NUMANCIA DE ARES 5 - SAN SADURNIÑO CF 4

ADR Numancia de AresFESTIVAL DE GOLES EN PRADOS VELLOS

Partido correspondiente a primeira xornada da Segunda Volta da Segunda Galicia grupo "A", disputado na tarde de domingo en Prados Velos que rexistrou unha aceptable entrada.

Ares, 17 de Febreiro de 2019

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Arnoso, Óscar, Antón, Vicente, Elías, Iván Pivo, Espiñeira, Julio, Marcelo, Joaquín e Chapu. Tamén: Amenedo,  Martín, Pablo Ferro, Fran Ripas e Kike (ps)

ADR Numancia de Ares. SEGUNDA GALICIA, GRUPO 3º A.- FERROL .Temporada 2018-2019.. Numancia, 5 - San Sadurniño 4Tarde chuviosa en Prados Vellos despois dunha semana moi soleada. Quizáis a choiva era un aviso da outra choiva, a de goles, que veríamos na tarde do domingo en Prados Vellos, que a pesar do mal tempo, rexistrou unha boa asistencia de espectadores de ambos equipos para ver este primeiro partido da segunda volta. Comezou mellor o San Sadurniño, que no minuto cinco de xogo facía o 0-1 por medio de David Hermida que remataba de cabeza un bo centro dende a dereita. Nos primeiros minutos, os visitantes sairon mais metidos no partido. Espertaba o Numancia, e Iván Pivo disparaba dende media distancia, facendo unha gran parada o porteiro visitante. O mesmo gardameta, atallaba un cabezazo de Chapu pouco despois. Chegaba o Numancia con claridade, aínda que non atopaba o gol. O Sansa tamén avisaba cun cabezazo que se marchaba pegado ao pau dereito da portería de Arnoso. No minuto 20 chegaba o 1-1, gracias a un gol de cabeza de Vicente tras lanzamiento de córner de Julio. Pouco despois, no 27 era Dani Espiñeira o que facía o 2-1 cun auténtico golazo gracias a un disparo dende media distancia que entraba pola escuadra esquerda da portería visitante. No minuto 30, o goleador visitante David Hermida aproveitaba unha indecisión defensiva do Numancia para facer o 2-2. Acto seguido, no 33 de novo David Hermida aproveitaba un balón á espalda da defensa numantina para facer o 2-3. O partido estaba sen control, e aínda houbo tempo para dous goles mais na primeira metade. Dani Espiñeira no minuto 42 facía o 3-3 despois dunha boa deixada de Chapu.  E no 44, un claro penalti sobre Julio o transformaba tamén Dani Espiñeira para facer un hattrick e poñer o resultado de 4-3 xusto antes do descanso, pechando una primeira metade divertida, aloucada e de auténtico descontrol en Prados Vellos.

Na segunda parte o partido calmouse un pouco, aínda que as chegadas as áreas eran constantes, pero sin tanto perigo. No minuto 62, Vicente cometía un claro penalti que transformaba David Hermida para facer o seu cuarto gol da tarde e para poñer o 4-4 no marcador.  Tres minutos mais tarde, no 65 Chapugol facía o 5-4 despois de cabecear ao fondo da rede un bo centro de Chapu. Nun partido de tantos goles, non podía faltar o do pichichi da categoría. No último tramo de partido, arriscaron os visitantes que tiveron chegadas con mais ou menos perigo a portería de Arnoso. Os nosos, saían ao contraataque pero non foron capaces de matar o partido. Asi foi como a emoción durou ata o último segundo neste limpo e disputado partido onde o colexiado armenio, Martín Zakaryan, foi un espectador mais do mesmo.

Clasificación e resultados da xornada

Acta abreviada do encontro

En defintiva, terceira vitoria consecutiva do Numancia, unha boa racha moi necesaria para deixar atrás un mal inicio de ano e para non perder folgos na loita polas dúas primeiras posicións. O noso equipo ascende a terceira praza, depois do empate do Neda en Meirás. O segundo posto que ocupa o noso próximo rival, a SD Valdoviño está a tres puntos. Pero antes tocará "disfrutar" da xornada de descanso por calendario. Un parón obrigado que os nosos aproveitarán para intentar recuperar aos xogadores mancados,  Teti, Ángel, Juan,  Carlos Vázquez, Berto.... todos eles agardan estar disponibles para preparar o trascendental encontro do fin de semana do 1-2 de Marzo ante o Valdoviño a domicilio. Para esa fin de semana convocamos xa a unha Marea Vermella que hoxe demostrou que independientemente da climatoloxía, estará co equipo ata o final desta aventura.

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.