ADR NUMANCIA DE ARES 1 - UDC NARAHÍO 1

ADR Numancia zaresUN EMPATE PARA COMEZAR O 2019

Partido correspondiente a 7ª xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra no seu grupo "A", disputado na tarde de domingo en Prados Vellos ante un bo número de espectadores.

 

Ares, 13 de Xaneiro de 2019

Antes do comezo do partido, o representante das Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez fíxolle entrega a Chapu do premio a regularidade do mes de Decembro. Tamén nos prolegómenos do partido, o capitán do equipo, Julio Escudero fíxolle entrega ao seu adestraodor, Miguel Carballeira dunha camiseta do Athletic de Bilbao da que foi gañador nunha rifa de "Una Cura para Adri".

Gardouse un emotivo e respetuoso minuto de silencio polo falecemento na noite do venres da pequena nena aresá, Leire García. D.E.P.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Marcelo, Óscar, Vicente, Juan, Julio, Fran Ripas, Espiñeira, Carlos Vázquez, Chapu e Ángel. Tamén xogaron: Iván Pivo, Amenedo, Alex Pita, Joaquín e Martín.

Volvía a competicion para o primeiro equipo despois do Nadal. Visitaba Prados Vellos un Narahío que se presumía un equipo moi competitivo, rocoso e con xente rápida e perigosa en ataque. E así foi, os visitantes cumpriron co seu guión, sendo incluso por momentos superiores a un Numancia que desta vez non foi capaz cumprir co seu, mover o balón con claridade e velocidade.

Así as cousas, a forte presión e as ideas claras dos visitantes provocou que o Narahío saira mellor ao campo, con achegamentos a portería de Kike. Os numantinos sacáronse a presión de enriba cunha clara ocasión de Ángel. Pouco despois, Chapu facía o 1-0 no minuto 16 superando ao porteiro nun balón aéreo. Pouco despois, o propio Chapu veía como o colexiado, Pablo Carballal anulaba un gol seu por un suposto fora de xogo. Pese a victoria pola mínima, non estaba cómodo o Numancia no campo. Juan enviaba un disparo envenenado, froito dun despexe que a piques estaba de sorprender ao gardarredes visitante. No minuto 34, chegaba o 1-1 obra de Yago para o Narahío na saída dun córner e tras varios rechaces. Antes do descanso, Chapu gozaba dunha clara ocasión que salvaba un defensa e Fran Ripas disparaba un bo lanzamento que marchaba fora por moi pouco. Chegábase ao descanso con empate e coa sensación de que o Numancia tiña esta tarde un rival moi incómodo en Prados Vellos.

Na segunda metade, saiu novamente mellor o Narahío, que tivo a sua ocasión mais clara do partido nun man a man que Kike solventaba cunha boa intervención. Iso pareceu espabilar ao Numancia, que tivo uns bos minutos con boa circulación de balón, tendo unha boa chegada por banda na que un bo centro non atopou rematador. No minuto 73 quedaban os visitantes cun xogador menos por expulsion de Raúl. Tiveron os nosos maior posesión de balón no último tramo de partido, gozando Espiñeira e Chapu de dúas boas ocasións nas que non houbo acerto. Tamén os visitantes levaron algo de perigo por medio do seu dianteiro Senny, que foi un auténtico incordio para a defensa numantina durante todo o partido.

En definitiva, un empate quizais xusto por xogo aínda que non por ocasións. Ao remate do partido, os nosos terminaron descontentos polo resultado, aínda que vendo como foron os resultados da xornada, co empate entre Valdoviño e Meirás e as derrotas do Perlío e do Neda, o punto conseguido ante un bo equipo como o Narahío tivo un sabor menos amargo. A boa nova foi a reaparición de Alex Pita, logo de dous meses mancado. Unha incorporación mais para o equipo, ao que se unirá tamén Vicente Guerrero "Teti" que tramitará a sua licencia federativa durante esta semana despois de cumprir nos pasados meses coa Armada Española. Sen dúbida, boas novas para un equipo que agarda recuperar pronto a Rubén Allegue, e Alberto Permuy que contínuan na enfermería e que conta coa gran axuda mora de Emilio Magariños, que xa foi operado da sua lesión no xeonllo. Todos xuntos, estudiantes, militares, hosteleiros e demais traballadores loitaremos por un be común, a mellor clasificación posible para este Numancia 2018 - 2019 que ten unha ilusión e que ninguén poderá polo momento quitarlla.

A próxima parada, o vindeiro domingo ás 17:00 no Municipal de Neda ante o bo equipo local.

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.