ENTREGA DE ALIMENTOS A CÁRITAS DE ARES

ADR Numancia de AresA FAMILIA DO NUMANCIA, SOLIDARIA NESTE NADAL

Durante a primeira quincena deste mes de Decembro, a nosa entidade organizou unha GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS en Prados Vellos. Desta maneira, o Numancia solicitou aos seus xogadores, adestradores, delegados, Directivos, socios e aficionados en xeral, que na medida do posible deixaran algún alimento nos lugares habilitados para a causa en Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Vicepresidenta, Gelvi Fernández, e o noso directivo, Jorge Martínez, fixéronlle entrega ao Presidente de CÁRITAS DE ARES, D. Ángel Fernández  e a sua compañeira de Asociación, Conchi Ramil,Como non podía ser doutra maneira, a resposta da gran familia numantina foi moi boa, facendo entre todos que esta nova iniciativa solidaria do club fose un éxito. No descanso do partido do pasado domingo entre o Numancia e o ADC Moeche, da Segunda Galicia de modestos, a nosa Vicepresidenta, Gelvi Fernández, e o noso directivo, Jorge Martínez, fixéronlle entrega ao Presidente de CÁRITAS DE ARES, D. Ángel Fernández  e a sua compañeira de Asociación, Conchi Ramil, de todos os alimentos aportados pola gran familia numantina.

Moitas gracias a todos e todas.... de corazón.

XUNTOS SOMOS MELLORES

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.