PREVIA XORNADA 8 DE DECEMBRO
SUPERXOVES E PONTE FESTIVA CON MOITOS PARTIDOS
Con motivo da ponte festivos, son varios os partidos adiantados para os nosos equipos. Teremos partidos dende o mércores ata o sábado, cun día, o xoves, con tres partidos e co plato forte da semana.
MÉRCORES: Os prebenxamíns e os alevíns comezan a Segunda Fase da Liga en Perlío. Os mais pequenos, dentro do grupo dous, xogarán a partir das 17:00 ante o CCRD Perlío. Pola súa parte os alevíns, dentro do grupo un, mediranse ao CCRD Perlío "B" ás 18:00.
XOVES: Pola mañá temos dous partidos en Prados Vellos. As 10:45 os infantís inician a Segunda Fase da Liga, dentro do grupo un. Reciben a un dos favoritos ao título, a SD O Val de Narón. Posteriormente ás 12:30, os benxamíns inician tamén a Segunda Fase, dentro do grupo dous, recibindo ao Cedeira SD.
As 16:30 no campo anexo de A Pedreira (herba artificial) temos o derbi de modestos entre o Galicia de Mugardos "B" e o Numancia. Na Primeira Fase vencían os nosos por 0-3 no campo de herba natural. Este xoves cambiamos de superficie e de dimensións e agardemos que tamén o noso primeiro equipo consiga os tres puntos neste derbi, dentro da cuarta xornada da Segunda Galicia de Ferrolterra.
MAREA VERMELLA CONVOCADA PARA A TARDE DO XOVES NO CAMPO ANEXO DE A PEDREIRA
VENRES: As 18:00 no campo de Aneiros en Serantes, os cadetes xogan unha nova xornada de Liga ante o SRD Portuarios "B", dentro do grupo dous da categoría.
SÁBADO: As 16:15 en Prados Vellos, os nosos xuvenís e os do San Sadurniño CF miden as súas forzas na terceira xornada de competición do grupo dous da categoría.
¿Quén dixo festivos?
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
AUPA NUMANCIA