ADR NUMANCIA DE ARES 3 - SD VALDOVIÑO 3

ADR Numancia de Ares.HOMENAXE AO FÚTBOL MODESTO

Partido correspondiente a terceira xornada da segunda fase da  Segunda Galicia, disputado na tarde de domingo en Prados Vellos ante unha gran cantidade de aficionados de ambos equipos, en tarde anubrada, ventosa e con boa temperatura.

Ares, 2 de Decembro de 2018

Nos prolegómenos do partido, o representante das Bodegas & Vinos Ares, Alex Pérez fíxolle entrega a Chapu do premio ao mellor xogador do mes de Novembro. Asímesmo, gardouse un minuto de silencio polo falecemento durante a pasada semana de Jose Ramón Sardina Ferro, ex xogador do noso club. DEP.

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Kike, Óscar, Antón, Vicente, Juan, Elías, Julio, Iván Pivo, Espiñeira, Ángel e Chapu. Tamén xogaron: Amenedo, Fran Ripas, Carlos Vázquez e Pablo Ferro.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019   SEGUNDA GALICIA GRUPO 3º A.- FERROL Jornada 3 - 02/12/2018 - Prados Vellos ADR Numancia de Ares, 3 - SD Valdoviño, 3

Non defraudou aos numerosos espectadores de ambos equipos que se deron cita en Prados Vellos, o encontro entre o Numancia e Valdoviño. Gran comezo dos visitantes, que no minuto 2 facían o 0-1 tras aproveitar o aresán Borja Vilasánchez un balón á espalda da defensa numantina.  No primeiro tramo do partido, os visitantes coa velocidade por banda de Yerai e de Fermín levaron moito perigo a portería de Kike. Pero como sucedera no partido da Primeira Fase, os nosos tiraron de orgullo e foron entrando no partido. No minuto 8, gran internada por banda esquerda de Dani Espiñeira, quen cede a Chapugol para que este faga o 1-1. No minuto 24, gran lanzamiento de falta de Juan Escudero para facer o 2-1 favorable ao Numancia. Empuxaba o Valdoviño, cun fútbol rápido e combinativo que os numantinos non sempre podían controlar.  No minuto 34, o colexiado sinalaba un penalti de Vicente a un xogador rival. Jorge Arteaga transformaba a pena máxima para establecer o 2-2 co que se chegaba ao descanso.

Nada mais comezar a segunda metade, o visitante Javi "Fanto" aproveitaba un rechade de Kike ao lanzamiento dunha falta para facer mediante unha bonita chilena o 2-3. Os laranxas baixaron físicamente na segunda metade e non conseguiron facer tan bo fútbol como na primeira parte. Mérito tamén dun Numancia que se vaciou no campo e que co paso dos minutos foi crecendo e collendo protagonismo no partido. Despois de varias chegadas a portería visitante, o colexiado do partido, Alejando Miño (Preferente Autonómica) sinalaba penalti por un derribo sobre Dani Espiñeira. Chapu gozaba dunha ocasión inmellorable para empatar, pero o seu disparo bateu no corpo do gran porteiro visitante, Brais. Lonxe de baixar os brazos, os numantinos seguiron creendo na igualada, axudados tamén por unha Marea Vermella que nunca deixou de animar. O premio do 3-3 chegaróa no minuto 86, nun balón aéreo que peina Chapu, asistindo desa maneira a Pablo Ferro que chegando desde atrás superaba ao gardarredes visitante para xúbilo da fiel e numerosa parroquia numantina. No tramo final do partido, ningún dos equipos firmou o empate, lanzándose decididamente ambos conxuntos a pola vitoria. O marcador non se moveu, e o partido finalizaba cun xusto reparto de puntos en Prados Vellos.

En definitiva, gran partido da Segunda Galicia de Ferrolterra. Goles, emoción, competividade e un gran ambiente nas bancadas. Partidos dos que da gusto ver en Prados Vellos, agardamos que sexan moitos así durante esta Liga tan igualada que temos por diante. Os nosos, estiveron a altura ante un equipo que por xogadores e nomes, e sen dúbida o gran favorito a levarse o título de Liga esta temporada.

 

Isto non para e o próximo xoves festivo temos nada mais e nada menos que un derbi. Galicia de Mugardos - Numancia, xoves ás 16:30 no campo de herba artificial de A Pedreira (campo e hora todavía sin confirmar).

¡¡¡MAREA VERMELLA ESTE XOVES NA PEDREIRA¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.