OBRAS EN PRADOS VELLOS

SDR NUMANCIA. OBRAS EN PRADOS VELLOS. OUTUBRO 2009 MELLORAS EN PRADOS VELLOS.

Onte, mércores 6 de outubro comezou una obra de mellora nas instalacións de Prados Vellos, consistente no recheo con formigón do perímetro de terreo situado entre o campo e os vestiarios. A previsión é que esta operación estea finalizada mañá, venres 8 de outubro, de maneira que esta fin de semana os afeccionados poidan disfrutar dos partidos sen maiores obstáculos.

Unha vez máis, a colaboración do concello de Ares está a resultar determinante e pasiño a pasiño imos conseguindo unhas melloras moi necesarias para que o desenvolvemento da práctica deportiva se realice nunhas condicións dignas.

Debemos informar tamén de que hai unha semana se cambiaron as redes das porterías de fútbol-7.

Neste capítulo de obras, estamos á espera de que se remate a colocación das bancadas e, por suposto, que "se faga a luz". Confiemos nunha rápida solución destes temas.

S.D.R. Numancia de Ares. Mejoras en Prados Vellos. S.D.R. Numancia de Ares. Mejoras en Prados Vellos. S.D.R. Numancia de Ares. Mejoras en Prados Vellos.
S.D.R. Numancia de Ares. Mejoras en Prados Vellos.   S.D.R. Numancia de Ares. Mejoras en Prados Vellos.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.