OBRAS EN PRADOS VELLOS
MELLORAS EN PRADOS VELLOS.
Onte, mércores 6 de outubro comezou una obra de mellora nas instalacións de Prados Vellos, consistente no recheo con formigón do perímetro de terreo situado entre o campo e os vestiarios. A previsión é que esta operación estea finalizada mañá, venres 8 de outubro, de maneira que esta fin de semana os afeccionados poidan disfrutar dos partidos sen maiores obstáculos.
Unha vez máis, a colaboración do concello de Ares está a resultar determinante e pasiño a pasiño imos conseguindo unhas melloras moi necesarias para que o desenvolvemento da práctica deportiva se realice nunhas condicións dignas.
Debemos informar tamén de que hai unha semana se cambiaron as redes das porterías de fútbol-7.
Neste capítulo de obras, estamos á espera de que se remate a colocación das bancadas e, por suposto, que "se faga a luz". Confiemos nunha rápida solución destes temas.