SAN SADURNIÑO CF 0 ADR NUMANCIA DE ARES 1

ADR Numancia de Ares.UNIÓN, CORAZÓN E CANTEIRA

Partido correspondiente a primeira xornada do grupo principal da Segunda Galicia, disputado na tarde do domingo no campo de A Piscina de San Sadurniño que rexistrou unha boa entrada, con presencia de  moita afición numantina.

San Sadurniño, 18 de Novembro do 2018

CRÓNICA:

Miguel Carballeira e Jose Antón dispuxeron dos seguintes xogadores neste partido:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Amenedo, Óscar, Vicente, Pablo Ferro, Fran Ripas, Elías,  Dani Espiñeira, Ángel, Julio e Chapu. Tamén xogaron: Carlos Vázquez, Fran Anido e Pablo García.

ADR Numancia de Ares. Temporada 2018-2019. SEGUNDA GALICIA - GRUPO 3º A.- FERROL . Jornada 1 - A Piscina - 18/11/2018 . CF San Sadurniño, 0 - ADR Numancia de Ares, 1Lesións, enfermidades e viaxes provocaban que o equipo soamente tivera a 13 xogadores disponibles dos 23 que forman o plantel. Por sorte, a canteira sempre está disponible e os xogadores xuvenís, Tito, Fran Anido e Pablo García non dubidaban en viaxar ata San Sadurniño para axudar aos maiores. E con eles, viaxou tamén unha gran cantinade de aficionados e aficionadas da Marea Vermella, porque xuntos somos mellores. Asi foi, como entre todos, conseguimos sacar adiante este difícil primeiro partido de Liga en San Sadurniño ante o correoso equipo local.

A primeira metade estivo moi condicionada polas reducidas dimensións do terreo de xogo. Moita disputa, balóns aéreos e tímidas chegadas as áreas por parte dos dous equipos. Levou algo mais de perigo o Numancia, sobretodo nunha internada de Ángel que terminou cun disparo que non atopaba o premio do gol. Os locais apretaban, pero non conseguían levar perigo a portería de Arnoso. Con este panorama, chegabamos ao descanso co resultado inicial.

Na segunda parte, os nosos pouco a pouco foronse facendo donos do partido. Os locais, quedabánse cun xogador menos por expulsión no minuto 65. A partir de ahí, o Numancia asediu a portería do Sansa. Ángel, Chapu, Julio con disparo ao travesaño.... non había maneira de que entrara o gol. Bueno a decir verdade, entrar algún si que entraba, pero o colexiado anulaba un deles a Ángel entendendo que o balón saíra previamente pola línea de fondo. Posteriormente, os nosos reclamaban un gol fantasma que o árbitro considerou que non traspasara a línea por completo. Difícil labor a do bo colexiado de Preferente Galicia, Iván García, xa que nesta categoría non hai asistentes e tivo dúas xogadas compricadas en pouco tempo. Pero a veces o fútbol fai xustiza e nunha nova xogada de ataque, seguramente a mais embarullada de todas, atopamos o premio. O especialista en barullos aéreos, Chapugol, facía o 0-1 para ledicia de xogadores, copro técnico e afición.  Houbo que sufrir ata o final, ante un equipo local que con mais corazón que cabeza tivo algún achegamento a portería de Arnoso.  Por sorte, non estiveron acertados e os tres puntos viaxaron con nos ata Ares.

En resumo, nesta primeira xornada poidemos comprobar o que costará vencer a domicilio nesta Liga. Unha competición na que 11 equipos sairán a gañar todos os domingos, e onde ninguén vai a regalar nada, e moito menos no seu campo. Unha aventura na que será imprescindible a unión e comunión entre xogadores, corpo técnico, directivos e aficionados. Porque cando un falte ou falle, terá que ser outro o que o cubra. E cando cheguen momentos malos, seremos outros os que teremos que estar ahí para animar, reforzarlos e darlles confianza. Porque xuntos somos mellores e porque nesta competición non sempre van a gañar os mellores, senón que tamén o farán os mais tranquilos e os mais intelixentes....

Agora temos por diante unha semana de descanso por calendario. Toca recuperar xogadores, e preparar da mellor maneira posible a visita dun dos equipos que todo o mundo da como favorito ao título, a SD Valdoviño, que visitará Prados Vellos o próximo domingo 2 de Decembro. Non fagades plans para ese día, contamos cos de San Sadurniño e con todos os que se queiran ir subindo ao barco da Marea Vermella. Non sabemos ata onde imos a chegar, nin tampouco en que porto pararemos, pero prometemos emocións fortes, diversión e tardes do fútbol aficionado (o dos pobos e parroquias) ata ben entrada a primaveira. Gracias a tod@s por acompañar hoxe ao equipo en San Sadurniño....

#goreds

AUPA NUMANCIA

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.