PREVIA FIN DE SEMANA 18 NOVEMBRO

ADR Numancia de AresNOVO ATRACÓN DE FÚTBOL, DE MÉRCORES A DOMINGO

Con motivo dos partidos aprazados o pasado venres pola alerta naranxa e pola nova xornada desta fin de semana, teremos partidos dende o mércores ata o domingo, xa que os cadetes e os infantís dobran o traballo. O equipo xuvenil, descansa á espera de que comece a Segunda Fase.

MÉRCORES: As 19:30 no Municipal de Neda os INFANTÍS visitan ao equipo local, en partido aprazado da pasada xornada. Mídense dous equipos que están a loitar por clasificarse para o grupo principal, tendo incluso opcións de xogar as semifinais de Copa. Bonito partido este mércores en Neda para abrir a semana de fútbol.

XOVES: As 18:00 no campo anexo de A Pedreira os CADETES comezan con varios días de retraso polo aprazamento, a Segunda Fase da competición. Derbi entre Galicia de Mugardos e Numancia para abrir unha Liga do segundo grupo onde os nosos rapaces teñen postas moitas ilusións un ano mais.

VENRES: Tarde de fútbol - 8 a do venres en Prados Vellos con ata tres partidos. As 17:00 os prebenxamíns reciben ao CCDR Perlío. As 18:00 os benxamíns xogan ante o San Sadurniño CF. Para as 19:00 queda un bo partido de alevíns, entre os nosos e o CD As Pontes, un encontro bonito e que promete fortes emocións. ¡¡¡Únete a festa dos nenos este venres en Prados Vellos¡¡¡

SÁBADO: As 11:00 os INFANTÍS aproveitarán a sua xornada de descanso na Liga por calendario, para xogar un partido amigable ante o Cultural Maniños en Prados Vellos. As 17:00, tamén en Prados Vellos os CADETES reciben ao Ortigueira CF na segunda xornada da Segunda Fase.

DOMINGO: As 16:30 no campo de A Piscina de San Sadurniño teremos o prato forte da fin de semana. Os MODESTOS comezan a Segunda Fase da competición ante o equipo local. Comeza unha Liga de 11 equipos a dobre volta, na que a igualdade e a loita están aseguradas. Os nosos teñen moitas ilusións en facer un bo papel e para iso buscarán conseguir os primeiros tres puntos da Liga en San Sadurniño, onde estamos seguros de que estarán moi arropados pola MAREA VERMELLA. ¡¡¡Non faltes¡¡¡

Esta semana temos bo tempo, ideal para desfrutar dos nosos equipos que pouco a pouco van quemando etapas nesta tempada.

¡¡Vémonos nos campos....¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.