JUAN ALBERTO RODRÍGUEZ ANALIZA A PRIMEIRA FASE DOS CADETES

ADR Numancia de Ares.JUAN ALBERTO: "A VALORACIÓN DESTA PRIMEIRA FASE, É POSITIVA"

Pouco a pouco, as competicións van avanzando e chegando ao final da Primeira Fase. Os primeiros en terminar foron os cadetes, polo que a Juan Alberto tocoulle inaugurar esta tempada os análisis dos equipos.

ADR Numancia de Ares. Juan Alberto, Entrenador de los Cadetes 2018-2019.O equipo cadete, ten a día de hoxe 14 xogadores, que son os seguintes: Telmo, Pablo Cartelle, Martín Rodríguez, Diego, Chechu, Unai, Óscar, Maodo, Marcos, Raúl, Martín Miguel, Zoel, Lucas e Migui Oliveira.

ÁNALISIS DA PRIMEIRA FASE CADETE POR JUAN ALBERTO

Rematou a Fase Previa cadete de Copa, na que o noso equipo competiu no grupo "A", formado por oito equipos, no que acadou a sexta praza logo de gañar dous encontros, empatar un e perder catro. O Numancia tivo os mesmos goles a favor que en contra (15). A valoración desta Primeira Fase é positiva dende o punto de vista do nivel competitivo que amosou o equipo en todos os partidos; así como no alto nivel de asistencia aos adestramentos semanais. Comezamos a temporada con 12 xogadores en idade cadete, polo que tivemos que botar man do equipo infantil, que un ano mais axudounos con talento, compromiso e moi boa actitude. Agradecer tamén a Comisión Deportiva do clube, polo esforzo na búsqueda de ampliar a plantilla cadete, pasando de 12 a 14 xogadores, o que nos permite aumentar a calidade dos adestramentos e a competividade dentro do grupo.

Boas sensacións, en definitiva, que nos dan impulso para afrontar a Liga con maior ilusión.

¡¡¡Forza Numan¡¡¡

Pois con iluisión e sen tempo para descansar comezará a liga do segundo grupo cadete, que estará composta por 11 equipos. E que mellor maneira de comezar que cun derbi. Este venres as 17:30 en A Pedreira, Galicia de Mugardos - Numancia de Ares.

Dende o club, queremos desexarlle moita sorte, saude e cabeciña aos nosos rapaces dos cadetes de cara a Liga que comeza o próximo venres.

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.