PREVIA FIN DE SEMANA 3 DE NOVEMBRO

ADR Numancia de AresFÚTBOL DE MÉRCORES A SÁBADO

Con motivo do xoves festivo, varios son os equipos que adiantan os seus compromisos da fin de semana. Dende o mércores ata o sábado teremos fútbol todos os días. Analizamos o que nos agarda:

 

MÉRCORES: Abren a semana futbolística os ALEVÍNS. A partir das 19:15 xogan no campo de A Gándara - 4 de Ferrol ante o Libunca SD "B".

XOVES: Na festividade de todos os santos, os PREBENXAMÍNS deixarán a un lado as cabazas e os disfraces de Hallowen para xogar ás 11:15 nos campos de A Malata de Ferrol ante o Meirás CF.

VENRES: No día dos difuntos, os nosos equipos de BENXAMÍNS e CADETES buscarán estar moi vivos nos seus partidos. Os primeiros xogan as 17:00 no campo de O Cadaval de Piñeiros ante o CD Narón. Para as 18:00 en Prados Vellos queda o partido dos cadetes, que reciben na última xornada da Primeira Fase ao CF Estrella de Narón.

SÁBADO: O sábado será o último día de fútbol da semana, e ven con varios pratos fortes. As 11:30 os infantís reciben en Prados Vellos a Escola de Fútbol do Racing Club de Ferrol. As 12:00 no campo de A Pedreira, os xuvenís xogan o derbi ante o Galicia de Mugardos. Partido importante onde ademais da honra de vencer aos veciños, os xuvenís xóganse gran parte das opcións de clasificarse para o grupo principal da categoría.

Para a tarde do sábado, queda o partido do noso primeiro equipo. As 16:30 no campo de Trasancos, San Mateo e Numancia xogarán a penúltima xornada da Primeira Fase da competición.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.