PREVIA FIN DE SEMANA 27 DE OUTUBRO

ADR Numancia de AresFIN DE SEMANA CON MOITO FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

Din que cambia ó tempo, pero a nós non nos importa. Teremos fútbol, cantina, lareira e bancadas en Prados Vellos. Moitos partidos, que esta fin de semana concéntranse entre o venres e o sábado. Analizamos o que nos agarda:

MODESTOS: Os de Migue Carballeira e Jose Antón, que veñen de vencer en Moeche, defenderán o liderato do grupo este SÁBADO ás 17:30 ante o CD Cariño. Antepenúltima xornada do grupo para o noso equipo, que non quere baixar ó ritmo e que buscará a vitoria para seguir líder. Como dicimos, o partido adiántase ao sábado para non quitarlle audiencia ao clásico do domingo.

XUVENÍS: O venres ás 17:45 en Prados Vellos, os de Chemari e Cartelle que perderon en Cedeira o pasado sábado, apurarán as súas opcións de clasificarse para o grupo forte da categoría. Restan tres xornadas para finalizar a Primeira Fase e os noson deberán mellorar moito as suas prestacións. Este venres ante o CD As Pontes "B", agardan darlle unha ledicia a aficción numantina.

CADETES: Despois da vitoria da semana pasada na casa ante o SD Val "B", os de Juan Alberto e Kiko xogan este venres ás 18:00 no campo de San Mateo ante o Narón Freixo. Os nosos buscarán unha nova vitoria na penúltima xornada da Primeira Fase.

INFANTÍS: O venres as 18:30 no Municipal de Caranza xogarán ante o G. Caranza "C". Logo da vitoria da semana pasada en Ares ante o Narón O Freixo "B", os de Ángel Mahía e Alberto Iglesias buscarán os tres puntos para seguir nas primeiras posicións do grupo, que dan acceso a Liga principal da categoría.

FÚTBOL - 8: Esta semana descansan os alevíns. Para o sábado, temos unha intensa maña de Fútbol - 8 en Prados Vellos, como aperitivo ao partido dos modestos da tarde. A partir das 11:00 xogan os benxamíns de Dani Espiñeira e Juan Escudero ante o SRD Ánimas "B". Posteriormente, ás 12:00 os prebenxamíns de Dani Cartelle e Jose "Macuto" reciben ao Cedeira SD.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.