PREVIA DO 28 AO 30 DE SETEMBRO

ADR Numancia de Ares.DERBI DE MODESTOS, NUNHA SEMANA NA QUE TODOS OS EQUIPOS TERÁN COMPETICIÓN

Nesta última fin de semana de Setembro comezan as Ligas de infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns. Súmanse así as de modestos, xuvenís e cadetes que xa comezaran. Destaca este fin de semana o derbi entre Galicia de Mugardos "B" e Numancia en modestos.

MODESTOS: Os de Miguel Carballeira e Jose Antón visitan o sábado ás 17:30 o campo de herba natural de A Pedreira para medirse ao Galicia de Mugardos "B". Primeiro derbi oficial da temporada, a onde os dous equipos chegan en boa línea, buscando conseguir canto antes a clasificación para o grupo principal da Segunda Galicia. Cita ineludible para todos os numantinos este sábado en Mugardos. Marea Vermella convocada. Pasaremos lista.

XUVENÍS: Os de Chemari e Cartelle, logo de perder en Neda na primeira xornada e de descansar na segunda, xogarán este domingo ás 10:30 en San Mateo ante o Narón Freixo. Madrugarán os rapaces para buscar unha vitoria necesaria para non compricarse a vida na clasificación.

CADETES: Os de Juan Alberto e Kiko caían en Meirás na primeira xornada, a pesar de dar unha boa imaxe. O venres as 18:45 en Prados Vellos buscarán repetir as boas sensacións e buscar algún premio ante o SRD Portuarios.

INFANTÍS: O sábado as 12:00 no campo de O Sinde, os de Ángel Mahía e Alberto mídense a SD O Val. Despois da boa pretemporada realizada, os rapaces visitan a un dos favoritos da competición. Proba esixente para comezar unha temporada ilusionante.

FÚTBOL -8: Comeza a Liga tamén para os mais pequenos. Abren sesión os alevíns de Genete e Eloy, que reciben en Prados Vellos o venres as 17:30 ao Cedeira SD "B". Para o sábado quedan os benxamíns de Dani Espiñeira e Chemari, que reciben en Ares ao Rápido de Neda ás 11:00 e os prebenxamíns de Dani Cartelle e Macuto que xogan tamén en Prados Vellos ás 12:00 ante os veciños do Galicia de Mugardos.

Isto comeza.... ¡¡¡VÉMONOS NOS CAMPOS¡¡¡

AUPA NUMANCIA

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.