X TORNEO MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR

ADR Numancia de AresDEZ ANOS HOMENAXEANDO A UN INTEGRANTE MOI IMPORTANTE DA NOSA HISTORIA. GRACIAS A TODOS.

Celebrouse en  Prados Vellos os pasados días vernes 7 e sábado 8 de Setembro, o Torneo X MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR, que cada ano serve para lembrar e homenaxear a un dos alma máter da historia do Numancia. Un total de 25 equipos de 13 clubs de toda a provincia, participaron no Torneo nas categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns.

ADR Numancia de Ares. X Memorial Pedro García Vilar.Na categoría prebenxamín, formada por un único grupo de catro equipos, o Meirás CF quedaba como primeiro clasificado da Liguilla, seguido polo Numancia, o Portuarios e o Galicia de Mugardos. Nas semifinais, Meirás e Portuarios vencían a mugardeses e aresáns. Polo tanto, Numacia e G. Mugardos xogaban o terceiro e cuarto posto, saíndo vencedor o Numancia. Na final do Torneo, vitoria para o Meirás que se proclamaba campeón do mesmo ante un equipo de Ferrol Vello que xogou todo o Torneo con 8 xogadores xustos.

En benxamíns, había un grupo de cinco equipos e outro de catro equipos. No grupo "A", Rápido de Neda e CD Narón conseguían a clasificación para as semifinais. No grupo "B", CD Narón "B" e Numancia eran os dous mellores equipos do grupo. Nas semifinais, o Neda vencía aos noos numantinos, mentras que no derbi entre Narón e Narón "B" a lotería dos penaltis acompañaba a estos últimos. No terceiro e cuarto posto, era o Numancia o que vencía ao CD Narón nos penaltis. Na final do Torneo, o Rápido de Neda proclamábase campión do Torneo tras superar ao CD Narón "B" tamén na tanda de penaltis.

Na categoría dos mais maiores, os alevíns, contamos con dous grupos de catro equipos. No grupo "A"dominio do Numancia e do G. Mugardos, que empataron a sete puntos tendo mellor golaverage o noso equipo. No grupo "B", dominio da UD Paiosaco e loita emocionante entre o Orillamar SD de A Coruña e o CD As Pontes polo segundo posto, logrando finalmente o pase as semifinais os da vila mineira.  Nas semifinais, o Numancia vencía ao CD As Pontes e o Paiosaco facía o mesmo ante o G. Mugardos. No terceiro e cuarto posto, os da Pedreira vencían ao CD As Pontes nos penaltis. Na final, o Numancia facía un gran partido e vencía con claridade a un gran rival como foi a UD Paiosaco de A Laracha.

Destacar a presencia do Alcalde do Concello de Ares, D. Julio Iglesias que acompañado polo Concelleiro do Concello de Ares, D. Gustavo Pita participaron durante a tarde do sábado na entrega de trofeos, medallas e dos agasallos cedidos por GADIS.

No aspecto social, foron dous días de visitas de nenos, pais, nais, irmáns, primos, avós e avóas. De xogadores ou adestradores co pasado no Numancia que quixeron pasar por Prados Vellos para aportar o seu gran de area ao homenaxe a Pedro e de paso gozar dos nenos e do Torneo. Dous días de moito ambiente na cantina e nos arredores do campo. Dúas xornadas de moito traballo, que non serían posible sen todos aqueles que a continuación a ADR Numancia quere amosarlle o seu agradecemento:

Equipos participantes no X TORNEO MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR, a familia de Pedro García, Concello de Ares, Gadis, Policia Local, Protección Civil de Ares, pais e nais, nenos e nenas das distintas categorías do club que colaboraron de recollepelotas e vendendo rifas, establecementos colaboradores, membros de LOS PIMOS de Ares que cederon todo o seu equipo de música e megafonía ao Numancia durante os dous días e a todos os que dalgunha maneira fixeron posible o bo desenrolo do Torneo. ¡¡¡¡MIL GRACIAS¡¡¡

Sabemos que tardamos un pouco en sacar a crónica e reportaxe do Torneo. Pero o motivo e mais que xustificado. Kiko e María, os pais de SUPERADRI, quixeron colaborar co Numancia neste Torneo sacando unhas magníficas fotografías. E claro, entre unha cousa e outra viñéronse arriba e conseguiron coa colaboración inestimable de Jose Antonio Couce para a sua edición, esta gran GALERÍA DE FOTOS do Torneo, a cal esperemos que disfrutedes e que collades e gardedes as fotografías que queirades con moito cariño. E a nosa maneira de agradecervos a todos e todas os que estivechedes no X MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR  a vosa asistencia, paciencia, colaboración e cariño.

O ano que ben, mais e a bo seguro que mellor.

Galería Fotográfica do Torneo

Resultados e Clasificacións: Alevíns - Benxamíns - Prebenxamíns.

XUNTOS SOMOS MELLORES

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

#goreds

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.