OS XUVENÍS COMEZARON A LIGA. O RESTO DA BASE, SIGUE COA PRETEMPORADA

ADR Numancia de Ares.MAL INICIO DOS XUVENÍS EN LIGA. OS INFANTÍS, CAMPEONS DO TROFEO VILA DE ARES

Os equipos de base siguen coa actividade. Xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e prebenxamíns tiveron partidos e Torneos a pasada fin de semana.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2018-2019. Rápido d eNeda, 4 - Numancia, 2XUVENÍS

Os xuvenís visitaron na calurosa tarde do sábado ao Rápido de Neda. Boa primeira metade dos nosos, con interesantes xogadas de ataque e un gol de Fran Anido que establecía o 0-1. Os últimos 15 minutos da primeira metade foron moi malos, con fallos de concentración e agasallos ao rival que propiciaban que o resultado ao descanso fora de 2-1. Na segunda metade, un gol dende mais de 30 metros de Fran Anido establecía o 2-2. Igualdade que durou ata os últimos minutos, nos que os locais volveron a aproveitar os agasallos dos nosos para terminar levándose o partido por 4-2. Mal inicio de Liga dos xuvenís, que acabaron pagando caro a sua pouca eficacia en ataque e as faltas de concentración no aspecto defensivo.

CADETES:

O pasado venres en Caranza tiveron o último partido da pretemporada. Foi ante un rival esixente, o Galicia de Caranza "B". Na primeira metade os nosos sacudíronse ben o dominio do rival, sendo o resultado ao descanso de 0-0. Na segunda metade, o pouco fondo de armario pasou factura aos nosos, que non poideron conter a un rival que terminou vencendo por 5-0.

ADR Numancia de Ares. Torneo Vila de Ares. Infantiles 2018-2019INFANTÍS - TROFEO VILA DE ARES

Os infantís seguen coa boa línea da pretemporada. Na mañá do sábado conseguían vencer a un Galicia de Mugardos, que plantou cara na primeira metade. Na segunda parte, os nosos non baixaron ó ritmo e os visitantes non poideron conter as acometidas do Numancia. A Concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón fixo entrega do trofeo de campeón ao capitán do Numancia ao final do partido; mentras que a nosa Presidenta, Elena Fuentes fixo o mesmo co trofeo do subcampión para o Galicia de Mugardos.

FÚTBOL - 8 - TORNEO DA SRD ÁNIMAS

O pasado domingo os prebenxamíns e os alevíns participaban nos campos de A Gándara de Ferrol, no Torneo da SRD Ánimas.Os mais pequenos, caían co Meirás e derrotaban ao SD O Val e ao CD As Pontes na fase de grupos, finalizando como segundos de grupo.

Os alevíns, empataban co Galicia de Caranza e vencían con claridade ao Libunca "B" e ao Portuarios "B". Finalizaban segundos de grupo por ter mellor golaverage o Galicia de Caranza.

Dende o noso club, agradecemos ao SRD Ánimas de Ferrol a invitación ao seu Torneo.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.