TRES AMISTOSOS E UN TORNEO, FORON PROTAGONISTAS NA BASE
XUVENÍS INFANTÍS RECIBIRON A EQUIPOS DA DELEGACIÓN DE A CORUÑA. ALEVÍNS E BENXAMÍNS, TIVERON TORNEO.
Os equipos de base do Numancia contínuan preparando o comezo da temporada. A pasada semana, dous equipos de fútbol - 8, alevíns e benxamíns sumaronse aos equipos de fútbol - 11 na disputa de partidos. Analizamos o sucedido na pasada semana:
XUVENÍS
O sábado ás 19:00 recibiron ao AD Cristo Rey de Oleiros. Mala primeira parte dun equipo xuvenil apático, o que lle serviu aos visitantes para marcharse cun 0-2 ao descanso. Na segunda metade, os nosos tiveron un atisbo de reacción, pero estiveron moi lonxe de amosar o nivel que se lles presume e coñece a algúns dos xogadores do equipo. O resultado final foi de 2-3 favorable aos de Oleiros. Antes do partido, o capitán do equipo xuvenil, Raúl Anido entregoulle unha bufanda do noso clube ao capitán do AD Cristo Rey en agradecemento pola súa visita a Prados Vellos.
CADETES
O pasado mércores ás 18:45 os cadetes desprazáronse ata o campo de O Pote de Maniños para xogar un partido de adestramento ante o conxunto local. Partido bastante igualado, na que os nosos conseguiron os goles a través de lanzamentos de falta. O resultado final foi de 2-2.
INFANTÍS:
O sábado ás 17:30 recibiron a visita do Portazgo SD "A" de Cullerero. Bo partido ante un equipo formado íntegramente por xogadores de segundo ano. O encontro estivo marcado polo forte calor, pero os nenos de ambos fixeron un gran esforzo e ofreceron un gran partido aos espectadores. O resultado final foi de 3-1 favorable ao Numancia. Antes do partido, o capitán dos infantís, Marcos Margharetto agasallou o seu homónimo do Portazgo SD cunha bufanda do Numancia en agradecemento a visita do club de Culleredo a Prados Vellos.
FÚTBOL - 8
Os benxamíns e os alevíns participaron durante o fin de semana no Torneo de Verán da SD O Val no campo de O Sinde, unha cita marcada pola asfixiante calor, especialmente na xornada do domingo.
O sábado os benxamins afrontaban unha esixente Fase de Grupos ante o CD Narón, Narón Freixo e o Ural CF. Os nosos nenos non conseguían puntuar nesos partidos, pero pola tarde na Final de Consolación conseguían vencer ao Galicia de Mugardos por 4-0.
O domingo eran os alevíns os que participaban no Torneo. Na Fase de Grupos vencían ao R. Neda, SD Val "B" e Meirás CF "B", empataban co Narón Freixo e caían ante o Ural CF, clasificándose para Cuartos de Final como segundos de grupo. Nesa eliminatoria dobregaban ao Rápido de Neda "B". Nas semifinais, caían nun emocionante partido ante a SD O Val. No terceiro e cuarto posto, perdían pola mínima ante o Portuarios, quedando polo tanto como cuartos clasificos nun Torneo que se lle fixo moi longo aos nosos nenos.
O próximo fin de semana, os equipos de fútbol - 11 farán un alto no camiño en canto aos partidos de pretemporada se refire. Alevíns, benxamíns e tamén os prebenxamíns participarán no noso Torneo, o X MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡