FIN DE SEMANA DE AMIGABLES NA BASE
XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS XOGARON ESTOS DÍAS PARTIDOS DE PRETEMPORADA EN PRADOS VELLOS
O fútbol segue ocupando protagonismo nas nosas vidas, o verán vai chegando ao seu fin e os nosos equipos comezan a preparar o inicio das competicións. A pasada fin de semana, os tres equipos da base de fútbol - 11 disputarón os seus partidos en Prados Vellos.
XUVENÍS:
O venres as 20:00 xogaron ante o Meirás CF. Boa pedra de toque para uns xuvenís que recibirán a ese mesmo equipo na segunda xornada. Partido moi igualado e pechado, no que o Numancia mellorou a imaxe dos encontros anteriores. A falta de gol condenou ao equipo a unha derrota, xa que o Meirás aproveitou unha das suas ocasións na segunda metade.
O próximo sábado 1 de Setembro, os xuvenís recibirán as 19:00 en Prados Vellos ao AD Cristo Rey de Oleiros.
CADETES:
Segundo partido de pretemporada para o equipo cadete, que viña de proclamarse campeón do Trofeo Vila de Ares a semana anterior ante o Galicia de Mugardos. O venres as 18:00 xogaron ante o Meirás CF, e foron derrotados claramente por 1-6 nun partido típico de pretemporada onde Juan Alberto fixo moitas probas e cambios de posicións no equipo.
O próximo mércores 29 de Agosto, o equipo cadete xogará ante o Cultural Maniños a partir das 18:45 no campo de O Pote.
INFANTÍS:
O sábado as 11:30 foi o turno para o primeiro partido de pretemporada dos infantís, que xogaron ante o Galicia de Caranza "B". Bo regreso de Ángel Mahía ao banquillo do Numancia, xa que os dous equipos fixeron moi bo fútbol, sendo a vitoria para os nosos rapaces por 7-3.
O próximo sábado 1 de Setembro, o equipo infantil recibirá en Prados Vellos as 17:00 ao Portazgo SD de Culleredo.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡