MARTÍN PÉREZ E DAVID AMENEDO REPRESENTARON AO NUMANCIA NO XX MEMORIAL MONCHO RIVERA

ADR Numancia de Ares.O NOSO CLUB, COLABOROU CON ESTE TROFEO SOLIDARIO APORTANDO DOUS XOGADORES DO NOSO PRIMEIRO EQUIPO

O pasado sábado 18 de Agosto, celebrouse no Estadio de A Malata organizado polo Victoria CF de A Coruña e coa colaboración da RFGF, o XX Memorial Moncho Rivera, un trofeo que normalmente celebrábase na Coruña, pero que este ano trasladouse a Ferrol.

A Delegación de Ferrolá da RFGF solicitou aos clubs da nosa bisbarra a cesión dalgúns dos seus xogadores para o Combinado da Delegación de Ferrol, que as 17:30 enfrentouse ao Racing de Ferrol da División de Honra de Xuvenís. O bravo defensa, David Amenedo e o carismático centrocampista, Martín Pérez foron os encargados de representar ao noso club neste partido. O resultado foi de 3-0 favorable aos racinguitas, pero os nosos xogadores viñeron moi satisfeitos coa experiencia de poder disputar un partido sobre o céspede do Estadio de A Malata.

Posteriormente, disputouse o encontro principal do Trofeo, entre o Racing de Ferrol da Terceirá División e o Pontevedra CF da Segunda División "B", con vitoria para os da cidade do Lérez por 0-2. O dato estadístico mais importante foron os 32.000 euros conseguidos entre todos para distintas entidades benéficas da provincia de a Coruña. Dende o Numancia de Ares, damos as gracias aos nosos xogadores, Martín Pérez e David Amenedo por representarnos neste partido solidario, eventos nos que o Numancia de Ares sempre estará disposo a aportar o seu pequeno gran de area.

Memorial Moncho Rivera. Combinado Delegación de Ferrol

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.