OS TROFEOS VILA DE ARES E RESTAURANTE PORTA DO SOL, FORON OS PROTAGONISTAS NA BASE

ADR Numancia de AresOS CADETES FIXÉRONSE CO TROFEO VILA DE ARES. OS XUVENÍS, FORON TERCEIROS NO TROFEO RESTAURANTE A CASA NOVA

 Pouco a pouco o fútbol volve a coller protagonismo, e xa neste mes de Agosto son varios os equipos do Numancia que van disputano partidos e Torneos de Pretemporada.

Na tarde do venres 17  debutaban os cadetes de Juan Alberto e Kiko, e o fixeron da mellor maneira posible, cunha vitoria por 3-2 ante os veciños do Galicia de Mugardos, polo que se facían co VI TROFEO VILA DE ARES. Bonito partido o que nos ofreceron os rapaces dos dous equipos, con alternativas no marcador e momentos de bo fútbol. Do 1-0 pasouse ao 1-2, pero finalmente os nosos conseguirón no último tramo de partido dous novos goles para conseguir o 3-2 final. Destacar no Numancia o debut de Unai Martínez, xogador de primeiro ano procedente do Galicia de Caranza, así como a participación dos infantís, Miguel Iglesias, Aaron García - Villaverde, Juan Andrés Castilla e David Vilasánchez.

Na tarde do sábado 18, foi o turno para os xuvenís. Despois do partido de adestramento da pasada semana ante o Galicia de Caranza de cadete, este sábado foi o turno para un clásico, o VII TROFEO RESTAURANTE A CASA NOVA. Un Torneo que volveu a ser un cuadrangular, pero que este ano trocou de formato e pasou a xogarse íntegramente na tarde do sábado, con catro partidos de 45 minutos de duración. Numancia, Galicia de Mugardos, CCRD Perlío e o conxunto da Liga Galega do SD O Val de Narón foron os participantes no Torneo.

Na primeira semifinal, intenso derbi entre aresáns e mugardeses. Os nosos tiveron as ocasións mais claras, pero un despiste nun córner en contra na última xogada do encontro, foi resolto cun penalti por man de Emilio cando o balón entraba na portería. Os da Pedreira anotaban o penalti e vencían por 0-1 , pasando á final.

Na segunda semifinal, a SD O Val foi superior ao Perlío e pronto decantou o partido ao seu favor. Co 2-0 definitivo, os de Narón pasaban á final.

No terceiro e cuarto posto, o Numancia foi superior ao Perlío, un gol de Iván establecía o 1-0. Pouco despois, os de Fene quedaban cun xogador menos por expulsión. No último minuto, novo penalti en contra do Numancia que o Perlío aproveitaba para facer o 1-1. Na tanda de penaltis, victoria e terceiro posto para un Numancia que contou coa axuda dos cadetes Pablo Cartelle e Martín Rodríguez neste Torneo.

Na gran final, o Galicia de Mugardos loitou no primeiro tramo de partido ante un equipo valexo que co paso dos minutos fixo valer a sua superior categoría para terminar impoñéndose con claridade por 0-3 e proclamarse desa maneira campeón do VII TROFEO RESTAURANTE VINOTECA A CASA NOVA.

Dende a ADR Numancia de Ares queremos agradecer o Concello de Ares e ao Restaurante Vinoteca A Casa Nova por seguir contando con nós para organizar os seus trofeos. Asímismo, facemos extensible o noso agradecemento ao Galicia de Mugardos, CCRD Perlío e a SD O Val de Narón por vir a xogar con nós estos partidos e trofeos de pretemporada, que foron seguidos por numeroso público (con moita xuventude nas bancadas), os dous días en  Prados Vellos.

Galería de imaxes do VI Trofeo de Cadetes. Vila de Ares 2018  

Galería de imaxes do VII Trofeo de Xuvenís Restaurante A Casa Nova 2018

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.