JUAN ALBERTO RODRÍGUEZ DIRIXIRÁ AO EQUIPO CADETE DO NUMANCIA 2018 - 2019

ADR Numancia de Ares.JUAN ALBERTO RODRÍGUEZ E KIKO IGLESIAS, COMANDARÁN A NAVE DOS CADETES 2018 - 2019

O martes 7 de Agosto, a partir das 19:00 terá lugar a presentación e o primeiro adestramento do equipo cadete. Juan Alberto Rodríguez, coa axuda de Kiko Iglesias, intentará dar continuidade ao bo traballo feito nesta categoría nos últimos anos. Como sucedeu a temporada pasada, na categoria cadete a día de hoxe o Numancia conta soamente con 12 xogadores, polo que a axuda dos xogadores do equipo infantil durante todo o ano será fundamental para que os cadetes poidan desfrutar un ano mais do fútbol en Prados Vellos e nos campos da bisbarra.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2018-2019. Entrenador-JuanAlberto.

 

Mario Martínez, Emilio Sánchez, Mario García, Alberto Hermida e Pablo García causan baixa no equipo, xa que por idade incorpóranse ao equipo xuvenil.

 

As altas no equipo son Diego Fernández, Chechu Rañales, Telmo Gómez,  Óscar Domínguez, Zoel Arnoso, Martin Miguel, Raúl Maceira e Maodo, procedentes do equipo infantil; así como Unai Couce, procedente do Galicia de Caranza.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2018-2019. Delegado. Kiko

 

Os partidos de pretemporada confirmados ata o momento para os cadetes, son os seguintes:

 

NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE MUGARDOS (Venres 17 de Agosto ás 19:00) - TROFEO VILA DE ARES

 

NUMANCIA DE ARES - MEIRÁS CF (Venres 24 de Agosto ás 19:00).

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.