PREVIA DA XORNADA DO 27 DE MAIO DE 2018
ESTE DOMINGO, TOD@S A MANDIÁ.
Temos por diante o último fin de semana de maio. As eliminatorias copeiras e a festa de fin de temporada do fútbol - 8 do Numancia, ocuparán o protagonismo dos próximos días.
MODESTOS: O domingo as 18:00 no campo de Boavista da parroquia ferrolana de Mandiá, o noso prineiro equipo disputa a eliminatoria dos Oitavos de Final da Copa da Ría ante o Mandiá CF. Despois de eliminar a Moeche e Cariño, os nosos chegan con forza e moita moral a esta eliminatoria. O rival, afrontará con ilusión un dos partidos mais importantes da sua historia, xogando ademais na sua casa. Os nosos xogadores deberán estar moi concentrados e acertados, para conseguir o pase aos Cuartos de Final da competición. Para iso, agardan contar cun bo número de seguidores da Marea Vermella na parroquia ferrolá. ¡¡¡Non faltes¡¡¡
CADETES: O venres as 18:30 no campo de O Cadaval xogan ante o CD Narón "B" a semifinal da Copa AFACO. Os rapaces, buscarán a vitoria para poder clasificarse para a final. Defende o equipo cadete, o campionato da Copa AFACO conseguido a pasada temporada. Anima aos cadetes este venres en Narón. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡
FÚTBOL - 8: Remataba este mércores a última Liga que faltaba por facelo. O alevín "B" pechaba a competición vencendo en Prados Vellos ao Meirás CF, finalizando desta maneira na 3ª posición do grupo 2 da sua categoría. Coas Ligas rematadas, este sábado terá lugar o tradicional xantas de fin de temporada no marco incomparable do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Comida, xogos e sorteo de agasallos entre os nenos para despedir a temporada oficial e coller forza para os Torneos do mes de Xuño.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡