ANÁLISE DA XORNADA DO 13 DE MAIO DE 2018

A POR OUTRA RONDA DE COPA

Nunha fin de semana con pouca actividade, destacamos a clasificación dos modestos para os dezaseisavos de Final da Copa da Ría. Analizamos o sucedido estos días pasados.

 

 

 

ADR Numancia de Ares. Afcionados 2017-2018. Copa delegación de Ferrol. Moeche, 4 - Numancia, 5MODESTOS: Moitos goles no Municipal de Moeche na tarde do domingo das comunións. Os nosos, conseguían poñerse cun 0-4 na primeira media hora de xogo. Reaccionaban os modestinos, chegándose cun 2-4 o descanso. No segunda metade, ampliaba distancias o Numancia, aídna que nos últimos minutos os locais facían dous goles que deixaban o marcador final en 4-5. Destacar os catro goles de Chapugol neste partido, un luxo ter a este incansable dianteiro con nós. Tamén o compromiso de varios xogadores que abandonaron celebracións familiares para xogar o partido e a participación de novo do xuvenil, Iván Dragoevich. O CD Cariño agarda o próximo domingo en Prados Vellos.


ADR Numancia de Ares. Alevines 2017-2018. Torneo de Convivencia en Narón.FÚTBOL - 8: O Alevín "A" disputou o sábado a Copa de Convivencia do grupo 1 da categoría en Río Seco. Na fase de grupos vencían a SD O Val, empataban co R. Ferrol "C" e caían co Narón Freixo e co Cedeira SD. Clasificábanse como terceiros de grupo para uns Cuartos de Final nos que caían derrotados ante o CD As Pontes. O alevín "B", coa axuda de algún infantil de varios benxamíns, xogaba na mañá do sábado en Prados Vellos dous partidos amigables ante a UD Paiosaco de A Laracha, conxunto ao que agradecemos a sua visita as nosas instalacións.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.