PREVIA DA XORNADA DO 6 DE MAIO DE 2018

VOLVEMOS A EMIGRAR. ¡¡¡TOD@S COS CADETES¡¡¡

As obras do muro en Prados Vellos, afectan a xuvenís e cadetes, que non poderán xogar os seus partidos en Ares. Estos últimos, xogaranse as suas opcións de quedar campeóns de Liga, no campo de O Pote de Maniños. Todos os equipos, agás o alevín "B," afrontan a última xornada de Liga.

 


MODESTOS: O sábado as 19:00 visitan o Municipal de Mourente para medirse a SD Valdoviño. Despois da vitoria da última xornada, buscarán defender a quinta posición, un posto polo que tamén pelexarán nesta última xornada o R. Neda, G. Caranza e UD Cebarca.

XUVENÍS: O venres as 19:00 no campo de Os Pinares xogan a domicilio ante o Perlío, o parido aprazado no seu día polas obras no noso campo. Nesta ocasión, tampouco se pode xogar en Ares, polo que os rapaces xogarán como locais en Perlío para pechar a Liga.

CADETES: O sábado as 16:30 xogan como locais no campo de O Pote de Maniños ante o Narón Freixo. Miño con 44 puntos, Numancia con 43 e Perlío con 41 chegan a última xornada con posibilidades de ser campións de Liga. Os nosos rapaces deberán facer ben o seu traballo ante o Freixo, e agardar polas noticias que cheguen dende outros campos (hai horario unificado), especialmente de Meirás que é donde xoga o AD Miño. Todo pode pasar nesta última xornada, e os cadetes necesitan do apoio de toda a familia do Numancia no Pote para soñar ata o último minuto.

INFANTÍS: O venres as 19:00 visitan o campo de herba artificial de A Gándara para medirse ao SRD Ánimas de Ferrol. Último partido de Liga para uns rapaces que buscarán sacar algo positivo neste partido para despedirse da competición da mellor maneira posible.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos (campo das bancadas). As 17:30 os benxamíns reciben ao R. Neda. Posteriormente as 18:30 o alevín "A" recibe ao Eume Deportivo "B". As 18:00 no campo de A Gándara xogan os prebenxamíns ante o R. San Pedro. Estos tres equipos rematan a Liga esta semana. Para o sábado queda o partido do alevín "B", que recibe as 11:00 en Prados Vellos ao SRD Portuarios "B".

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.