ANÁLISE DA XORNADA DO 29 DE ABRIL DE 2018

BOS RESULTADOS PARA IR REMATANDO AS LIGAS

Disputouse a pasada fin de semana a penúltima xornada de Liga nas diferentes competicións nas que participan os nosos equipos. Boa xornada en lineas xerais, a que analizamos a continuación:

 



MODESTOS: Venceron pola mínima ao Rápido de Neda en Prados Vellos, na penúltima xornada de Liga. Nun partido igualado, que foi aumentando a sua intensidade co paso dos minutos, o gol no minuto 90 de Chapugol daba a vitoria ao Numancia para ledicia da fiel afición que acudiu a Prados Vellos. Tres puntos que sitúan a quinta praza ao noso equipo, en detrimento precisamente do equipo nedense. Un quinto posto que tocará defender na última xornada de Liga, na que os nosos visitarán o sábado o Municipal de Mourente, onde agarda a SD Valdoviño.

XUVENÍS: Empate no Misael Prieto ante un bo rival como o Meirás CF. Comezaron mellor os locais, que conseguian irse cun 2-0 ao descanso. Na segunda metade o Numancia estivo mais acertado, e cos goles de Cavezza, Raúl e de Iván conseguía poñer o 2-3 no marcador. Pouco despois, os verdinegros conseguían o 3-3. Un bo punto a domicilio, que ben poideron ser vendo as ocasións de gol non aproveitadas polos numantinos neste encontro.

CADETES: Vitoria sufrida e importante a dos rapaces ante o Meirás CF no Misael Prieto. Dominio do Numancia na primeira parte, onde os nosos perdonaron en exceso ante a portería rival. O gol de Óscar establecía o 0-1 ao descanso. A segunda metade foi do Meirás, que conseguía empatar, pero no último instante, Mario García facía o 1-2 definitivo. Tres puntos para colocarse en segunda posición, a un punto do AD Miño. Decidirase o título de Liga na última xornada o próximo sábado.

INFANTÍS: Tiveron dobre xornada en Prados Vellos, ante rivais esixentes. O xoves realizaban un bo partido, a pesar de caer derrotados ante o Eume Deportivo. O sábado, co plantel algo mermado e con varios alevíns de primeiro ano na convocatoria, perdían con claridade ante o Galicia de Caranza "B.

FÚTBOL - 8: No grupo 1, o alevín "A" caía derrotado ante o CD As Pontes nas instalacións de O Poboado. Os benxamíns, loitaban sen premio a domicilio ante o Eume Deportivo. Os prebenxamíns, realizaban en Prados Vellos un bo partido ante un Racing de Ferrol que finalmente levábase a victoria. No grupo 2, o alevín "B" realizaba un gran partido en Mugardos, vencendo nun derbi no que o Numancia xogou con dous xogadores de campo de porteiros, un en cada tempo.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.