PREVIA DA XORNADA DO 8 DE ABRIL DE 2018

RECTA FINAL DAS COMPETICIÓNS DE LIGA

 
O triple enfrentamiento cos equipos do Cultural Maniños marca esta xornada na que todos os nosos equipos volven á competición despois do parón festivo. No fútbol - 11, quedan cinco xornadas de Liga. Analizamos o que nos agarda:
Ares, 6 de abril de 2018.

MODESTOS: O domingo as 17:00 en O Pote visitan ao Cultural Maniños un equipo que está a loitar polo título de Liga e por xogar a fase de ascenso. Derbi de rivalidade, no que se agarda un gran ambiente para ver este partido que nunca deixa indiferente a ningúen. Os de Miguel Carballeira e Jose Antón buscarán defender a quinta posición actual neste sprint final da Liga.

XUVENÍS: O sábado as 17:00 visitan tamén O Pote para medirse ao Cultural Maniños. O equipo de Chemari e Cartelle xoga ante o penúltimo clasificado. Os rapaces, buscarán nesta recta final de Liga quedar entre os sete primeiros clasificados do grupo 1.

CADETES: O venres as 19:00 reciben en Prados Vellos ao Cultural Maniños. Partido trampa ante un conxunto que conseguiu puntuar na sua visita a Ares na Primeira Fase. Os de Juan Alberto e Jorge loitarán nestas últimas xornadas polo título ou subcampionato do grupo 2.

INFANTÍS: O sábado as 17:00 reciben en Prados Vellos ao Rápido de Neda. Reciben os de Genete e Eloy a un rival situado na zona media, ao que esperan facer fronte para encarar con boas sensacións o sprnt final desta esixente Liga do grupo 1.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos en Prados Vellos. As 17:00 ante ao SD O Val e as 18:00 o alevín "B" recibe ao AD Miño. Tamén o venres pero en Caranza as 17:30 os prebexamíns visitan ao líder, o G. Caranza "C". Para o sábado as 12:30 na Pedreira queda o derbi entre O Galicia de Mugardos "B" e o noso alevín "A.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.