ANÁLISE DA XORNADA DO 18 DE MARZO DE 2018

CANDO NON SE GAÑA, APRÉNDESE

Non foron os mellores os resultados acadados polos nosos equipos na pasada xornada, a cal analizamos a continuación:

MODESTOS: Despois de tres vitorias consecutivas, tocou a cruz da moeda. Derrota no campo de Os Pinares nun partido da zona alta ante o Perlío. Despois dunha primeira metade igulada, a expulsión de Berto no principio da segunda metade condenou a un Numancia que sufriu un baixón físico, moi ben aproveitado polos de Fene para levarse os tres puntos.

XUVENÍS: Dura goleada a encaixada polos rapaces en Pontedeume ante o líder, o Eume Deportivo. Toca aprender da dolorosa derrota e levantarse canto antes para afrontar os vindeiros compromisos.

CADETES: Dobre ración de fútbol tiveron os cadetes esta semana. O sábado desfacíanse con claridade do colista, o Amistade Meirás "B" en Prados Vellos.  O mércores recuperaban o partido adiado ante o Narón "B"; nun dos peores encontros dos rapaces no que vai de Liga, cando menos conseguían rescatar a última hora un punto do campo de O Cadaval.

INFANTÍS: Derrota contundente en Prados Vellos ante o Racing de Ferrol "B", nun partido no que os infantís volveron a contar coa axuda de xogadores alevíns de primeiro ano.

FÚTBOL - 8: A piques estivo de dar a sorpresa o alevín "A" ante o líder, o G. Caranza, a domicilio. Os ferroláns remontaban o partido para conseguir a vitoria. O alevín "B" caía tamén ante o líder do seu grupo, a SD Val "D" en Prados Vellos. Os benxamíns, loitaban sen premio ante o Perlío en Ares; ao igual que os prebenxamíns en Neda, nun partido ao que acudiron moi mermados.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.