PREVIA DA XORNADA DO 11 DE MARZO DE 2018

AGARDEMOS QUE O VENTO SOPLE A FAVOR DO NUMANCIA

Nova fin de semana de fútbol neste inverno que non dá rematado. Os nosos equipos xogarán os partidos que presentamos a continuación:
Ares, 8 de marzo de 2018.

MODESTOS: O domingo ás 16:30 reciben en Prados Vellos a un Galicia de Caranza en alza, que na primeira volta fixo moito dano ao Numancia. Os nosos, logo das duas últimas vitorias a domicilio, intentarán darlle unha ledicia na casa a toda a afición para seguir na zona alta.

XUVENÍS: O sábado ás 16:30 reciben en Prados Vellos ao terceiro clasificado, o CD Narón. Entran os xuvenís nunha serie de partidos ante os equipos da zona alta. Bo momento para que os rapaces recuperen o seu mellor nivel e loiten contra os equipos mais fortes da categoría.

CADETES: O sábado ás 16:00 no campo de O Cadaval de Piñeiros renden visita ao CD Narón, un conxunto que conseguiu empatar en Prados Vellos. Non deberán despistarse os rapaces se queren traerse os tres puntos de terras naronesas para seguir na zona alta da clasificación.

INFANTÍS: O sábado ás 17:00 xogan en Sinde ante a SD O Val. Os infantís veñen de facer un moi bo partido ante o líder, o CD Narón e buscarán facer o mesmo no Val ante outro dos galiños da categoría.

FÚTBOL - 8: Todos os equipos xogarán o venres. Ás 17:00 os prebenxamíns visitan ao G. Caranza "B", mentres que en Mugardos tamén ás 17:00 haberá derbi benxamín entre Galicia e Numancia. Ás 18:00 xoga o alevín "A" en Prados Vellos ante o líder, o Narón Freixo, quedando para as 18:05 o partido do alevín "B" ante o Racing San Pedro no campo de A Gándara.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.