PREVIA DA XORNADA DO 18 DE FEBREIRO DE 2018

DISFRÁZATE EN PRADOS VELLOS

Con algo de retraso debido a cambios de última hora,  publicamos a crónica da fin de semana.
Ares, 17 de febreiro de 2018.
Nos últimos coletazos do Entroido, teremos tamén fútbol en Prados Vellos. Podes vir disfrazad@ ou non, pero o que vos pedimos e que disfrutedes e pasedes un bo rato animando aos diferentes equipos do Numancia nos partidos que presentamos a continuación:

MODESTOS: O domingo ás 16:30 visita Prados Vellos o Meirás CF. Comezan os modestos a segunda volta recibindo ao terceiro clasificado, un conxunto que caeu derrotado en Ares na Fase Previa. Agardemos que se repita a mesma historia e desfrutemos dunha tarde de fútbol e bo ambiente en Prados Vellos este domingo.

XUVENÍS: O sábado ás 16:15 xogan ante o CD As Pontes no campo de O Pote de Maniños, debido ao mal estado dos campos de O Poboado. Difícil encontro para comezar a segunda volta, xa que toca visitar ao segundo clasificado. Por sorte, os xuvenís contarán coa axuda dalgún cadete e buscarán sorprender aos ponteses na súa casa.

CADETES: Correspóndelles descansar na primeira xornada da segunda volta.

INFANTÍS: O sábado ás 11:00 reciben en Prados Vellos ao AD Miño, un conxunto situado tamén na parte baixa da clasificación. Os nosos rapaces buscarán neste partido a segunda vitoria nesta Liga, un triunfo que parece resistirse a pesar do gran esforzo dos nenos en cada partido.

FÚTBOL - 8: Nesta chuviosa tarde do venres, os benxamíns empataron ante o Eume Deportivo e o alevín "A" venceu ao CD As Pontes. Os prebenxamíns, moi mermados, visitan o sábado ás 11:30 A Malata para medirse a todo un Racing de Ferrol. O alevín "B", descansa nesta xornada.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.