ANÁLISE DA XORNADA DO 11 DE FEBREIRO DE 2018

VISITAS NON DESEXADAS

Rematou a pasada fin de semana a primeira volta nas Ligas de fútbol - 11. Facemos balance e contamos o sucedido nos partidos dos equipos da entidade.

Ares, 14 de febreiro de 2018.
MODESTOS: Empate ante o Valdoviño. Un punto que saiu moi caro. Que cada un rexlexione sobre os seus actos e que pense moi ben o escudo e a entidade a que representa cando acode a un campo de fútbol.Os de Miguel e Antón finalizan a primeira volta na 8ª posición do grupo 1 da Segunda Galicia.

XUVENÍS: Tiveron xornada de descanso. Os de Chemari e Cartelle finalizan a primeira volta na 7ª posición do grupo 1 da Primeira Autonómica Xuvenil.

CADETES: Madrugaron os cadetes para medirse ao Narón O Freixo no campo de O Val. Vencían pola mínima ao descanso despois dunha aceptable primeira metade. Sufriron ao comezo da segunda, pero na última media hora con xogo e con goles conseguiron unha nova vitoria. Os de Juan Alberto e Jorge finalizan a primeira volta na 3ª posición do grupo 2 da Liga Cadete.

INFANTÍS: Nunha tarde chuviosa foron superados con claridade polo Ánimas, un conxunto ao que tiñan moi preto na clasificación. Os de Genete e Eloy finalizan a primeira volta na 11ª posición do grupo 1 da Liga Infantil.

FÚTBOL - 8: De novo boas novas en alevíns. O alevín "A vencían en Prados Vellos a SD Val "B". O alevín "B" vencía a domicilio ao SRD Portuarios "B". Os benxamíns, caían derrotados na sua compricada visita o As Pontes. Os prebenxamíns, conseguían ante o Cedeira SD a sua primeira vitoria no grupo 1 da categoría.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.